Escoitan aos responsables de empresas galegas que impulsaron a súa competitividade coa axuda do programa Re-acciona.
Son Castro Composites, MC Intermodul e Teuvento.
A través deste novo episodido do podcast, explicamos como poden conseguir estes logros para os seus negocios.
Benvidos e benvidas a este espazo que lles ofrece o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
Conseguir un control pormenorizado dos materiais que temos no noso almacén. Isto é algo que se pode lograr con ferramentas informáticas e deste xeito, mellorar os nosos procesos de xestión.
É o que conseguiron en Castro Composites, unha empresa que suministra materiais a diferentes sectores, como o eólico, o náutico; ou o sector químico e da automoción.
Como o fixeron? Foi da man do servizo Apoio na adopción de solucións de xestión empresarial en mobilidade, e que forma parte do programa Re-acciona.
Escoitan a Alejandro Castro de la Iglesia, de Castro Composites.
CASTRO COMPOSITES ALEJANDRO
E é que os desafíos para o noso tecido empresarial son cada vez maiores.
Tanto é así, que en ocasións cómpre botar man dun asesoramento especializado para afrontar, por exemplo, o día dos departamentos comerciais.
Esta é a necesidade que tiña a empresa MC Intermodul, adicada á fabricación de biombos divisorios de oficinas.
Para iso, solicitaron o servizo Análise do potencial competitivo do programa Re-acciona.
Son palabras de Eva Trillo, MC Intermodul. Unha empresa que agora ten un maior control sobre a actividade que realiza.
Ese maior control tamén nos permite impulsar a profesionalización dos negocios. Neste sentido, unha planificación da nosa tesourería consigue enlazar todos os procesos e orientalos na mesma dirección.
Deseguido escoitan a Alberto Vázquez de Teuvento, empresa que solicitou o servizo Mellora da xestión financeira de Re-acciona.
Teuvento, empresa adicada á construcción eficiente, deseñou un cadro de mando completo e, ademais, mellorou a súa aplicación informática de xestión.
Os logos que están conseguindo as empresas co apoio de Re-acciona van máis alá. En Adrián Salgado Óptica y Audición avanzaron no desenvolvemento do seu propio departamento de I +d. Así no-lo explica Adrián Salgado.
Este é un pequeno percorrido polos logros obtiveron catro empresas que solicitaron os servizos de Re-acciona. Queren logralo tamén para os seus negocios? Pois están a tempo de facelo porque acaba de abrir unha nova convocatoria do programa. O prazo para solicitar estes servizos está aberto ata o vindeiro 8 de abril.
Recordarlles que a oferta de Re-acciona está agrupada en 4 grandes eixos: innovación, dixitalización, profesionalización, e estratexia.
Teñen todos os detalles na nosa web reacciona.ipgae.esTamén podemos resolver as súas dúbidas a través do 981 93 93 93. Ou no enderezo electrónico [email protected].
Convidámolos tamén a que visiten a nosa canle de YouTube Igape Competitividade. Para coñecer as experiencias doutras empresas con Re-acciona.
Moitas grazas pola súa escoita.