Reducir custes e conseguir unha maior calidade dos nosos servizos.
Son aspectos que buscan as empresas neste momento no que o teletraballo mantén a súa forza.
Hoxe falamos das FERRAMENTAS COLABORATIVAS e tamén de productos financeiros como co o renting e o leasing.
Benvidos e benvidas ao podcast do Igape Responde.
O auxe do traballo a distancia obriga a botar man de solucións tecnolóxicas que nos axuden neste novo contexto.
Esas solucións son as ferramentas colaborativas que nos permite comunicarnos e traballar conxuntamente con independencia da nosa ubicación.
Iago Vara, do Igape Responde, detalla os motivos polos que a nosa compañía necesita botar man das ferramentas colaborativas.
Unha desas ferramentas colaborativas é Microsoft 365, que nos permite compartir en tempo real documentos de Word, de Excel. Pero que ademais incorpora aspectos adicionais como por exemplo, a mensaxería instántanea, o almacenamento na nube ou os calendarios. Estas son as ventaxas de Microsoft 365.
Precisamente Microsoft Teams é unha plataforma de comunicación e colaboración que combina almacenamento de arquivos, chats e reunión de videos.
Esta ferramenta reúne as mellores capacidades de Office.
Pois se o teu negocio necesita asesoramento para poñer en marcha algunha destas ferramentas e aforrar custes, só tes que realizar a túa solicitude a través da nosa web, responde.igape.es.
Debes dirixirte ao apartado de SOLICITAR, cubrir ese formulario, e en pouco tempo ímonos poñer en contacto contigo.
Ademais das ferramentas colaborativas, esta semana tamén de dúas opcións de financiamento que pode ter o seu negocio.
A primeira delas, o LEASING é un sistema de arrendamento que ten unha peculiaridade. Cal é pois que prevé a opción de compra.
Rafael Martínez Carrasco é coordinador do ámbito financeiro do Igape Responde.
Outra das fórmulas de financiamento alternativo é o renting, que nos permite a compra de maquinaria, pero que xa teño claro, que non me vou quedar con ela.
Pois a través do Igape Responde tamén podes recibir asesoramento gratuito neste ámbito financeiro. Como moi sinxelo, só tes que realizar a solicitude a través da nosa web, responde.igape. es
Ata aquí o novo resumo semanal do programa de asesoramento posto en marcha pola Xunta.