Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
FAQs about Malva e Duarte non calan:How many episodes does Malva e Duarte non calan have?The podcast currently has 70 episodes available.
December 07, 2022S02E05 - Malva e Duarte teñen conversas perversas. Especial conspiracións Parte 1Desta vez Malva e Duarte mudan os misterios polas conspiracións no episodio máis especial ata o momento, nunha colaboración co podcast de Conversas Perversas.Nun xiro de guión, abandonamos o esquema habitual para facer unha competición de teorías, nas que explicamos catro conspiracións para ver cal é a gañadora. Este episodio é a primeira parte do especial, así que para saber como remata, ides ter que escoitar a segunda parte no podcast de Conversas Perversas!...more1h 3minPlay
November 22, 2022S02E04 - O misterio do triángulo das BermudasTres lados ten un triángulo e tres persoas falan neste podcast! Disfrutade do especial Sara, Malva e Duarte falan de misterio, no que contamos con Sara Seco para falar do fenómeno das Bermudas, onde tocaremos barcos sen tripulantes, bestias marítimas, se as figuras xeométricas levan pantalóns e a inseguridade dos homes coa súa altura....more1h 1minPlay
November 08, 2022S02E03 - O misterio de Amelia EarhartNesta semana, Malva e Duarte tratan por fin un dos temas máis esperados: a misteriosa desaparición da piloto Amelia Earheart mentres daba a volta ao mundo. Entre as tanxentes atopamos: o comportamento do Duarte bébedo, Taylor Swift (outra vez), Nee Barros (outra vez) e unha sorprendentemente profunda e innecesaria discusión spoiler-free sobre Young Royals....more1h 1minPlay
October 25, 2022S02E02 - O misterio das desaparicións de ReiquiavikAdvertencia de contido: Este episodio contén discusións sobre violencia policial. Esta semana Malva e Duarte discuten as misteriosas desaparicións de dous homes en Islandia nos 70, o novo álbum de Taylor Swift, soños raros con cameos de famosos e saudamos a Martín amigo do podcast....more1h 9minPlay
October 11, 2022S02E01 - o misterio do codex GigasNon estaban mortos, estaban de parranda! Volve Malva e Duarte falan de misterio nunha segunda tempada retrasada polo duro verán e a dura cara de Duarte. Neste novo inicio tocamos un códice relacionado co demo, porque “comezo” e “número par” significan falar de libros. Arranca o outubro spooky cos misterios peor contados que escoitarás xamáis, pero agora cun dous diante....more1h 9minPlay
July 12, 2022S01E15 O misterio de quen puxo a Bella no umeiroDespois doutro pequeno descanso, volven Malva e Duarte, outra vez de resaca, para falar da calor que teñen, a community manager adolescente Raquel que pasaba por alí, Miss Vaca, Shrek e, de cando en vez, discuten sobre quen puxo a Bella no umeiro.Despois dun mes agardando polo episodio, que máis ten agardar vinte minutos para que entren en materia?...more1h 1minPlay
June 14, 2022S01E14 - O misterio da arca da AlianzaNesta nova entrega do podcast, que tedes que escoitar porque se non o facedes estades sendo homófobes, temos dous enigmas para atopar: a voz de Duarte despois dun festival e a Arca da alianza, un novo misterio no que falamos de relixión, de perder o que queremos o do atractivo que se volve Moises no Príncipe de Exipto....more1h 1minPlay
May 31, 2022S01E13 - Seis lagos misteriososHoxe temos o pracer de presentar en exclusiva a segunda edición dos Lake Awards, na que Malva e Duarte intentan desenvolverse sen o seu produtor na sombra o Ghanito mentres conversan sobre temas moi relacionados cos lagos, como pirámides, o que queren que pase cos seus corpos cando morran e a escala de Richter....more1h 2minPlay
May 10, 2022S01E12 o misterio do sinal Wow, con Iris GestosoNesta nova entrega de Malva e Duarte falan de misterios traemos a unha convidada chulísima, Iris Gestoso, para facer unha entrega algo diferente e falar de conspiracións, ciencia e sobre todo aliens (esquivando todo o racismo posible), a través do caso Wow!, un sinal do espazo captado nos anos 70 que aínda non ten explicación....more1h 2minPlay
April 26, 2022S01E11 - Nove lagos misteriososNesta semana, nun episodio especial no que cambia un chisco o formato, Malva e Duarte presentan os 2022 Lago Awards, no que 9 lagos estranos e misteriosos competirán para gañar diferentes premios. Únanse a nós para escoitar sobre a orquídea da nai de Malva, a provincia de Pontevedra, ser neofalante e desastres nucleares varios....more1h 2minPlay
FAQs about Malva e Duarte non calan:How many episodes does Malva e Duarte non calan have?The podcast currently has 70 episodes available.