Música, propostas para a fin de semana, peticións, adicatorias, conversas... Os sábados na túa compaña de 9 da mañá a 13.30 da tarde. Novo especial "Recuncho da Lingua", coordinados pola mestra de Lingua, Pilar Bernárdez, participan: o CEIP Pérez Viondi, o CEIP do Foxo, o CEIP Cabada Vázquez, o IES Nº1, nesta xornada @s participantes realizan unha homenaxe a Rosalía de Castro. Músicas: Guadi Galego, Anxo Angueira e Abe Rábade Quartet, "Alborada de Rosalía"; Orfeón Donostiarra, Coro Cantigas da Terra, Carlos Núñez e Luz Casal e Astarot, "Negra Sombra"; Uxía, "Rosalía Pequeniña", Amancio Prada, "Negra Sombra" e Lía Pamina e Os Peregrinos, "Follas Novas".