Música, propostas para a fin de semana, peticións, adicatorias, conversas... Os sábados na túa compaña de 9 da mañá a 13.30 da tarde. Novo especial "Recuncho da Lingua", coordinados pola mestra de Lingua, Pilar Bernárdez, participan: o CEIP de Codeseda, o CEIP Pérez Viondi, o CEIP do Foxo e o IES Nº1, as protagonistas son: Rosalía de Castro e Avelina Valladares, homenaxeadas polos mozos e mozas participantes. Tamén colabora neste especial, a profesora, guitarrista, investigadora..., Isabel Rei Samartim, conversa con Pilar sobre as homenaxeadas. Músicas: Luz Casal, "Negra Sombra"; María do Ceo, "Negra Sombra"; Amancio Prada, "Airiños, airiños, aires"; MJ Pérez, "Malaxente"; Uxía, "Como chove miudiño" e Isabel Rei Samartim, "Soidade".