Ola, son Sergio Pascual, xornalista, BLA, BLA, BLA...
O que pode que che interese máis é que son de VALLADOLID.
Si. E gústame o GALEGO. Un neofalante. A miña idea é dar un paseo sonoro por grandes obras da literatura galega (A Esmorga, Anagnórise, Memorias dun neno labrego, etc.), desde unha ollada amena, relaxada e actual. Ollo! Neste podcast escoitarás pronomes mal colocados, problemas na pronuncia do n velar e máis. Xa sabes, cousas da meseta...!
Un proxecto de Laboratorio de Radio e Vinte co apoio da Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Músicas empregradas baixo licenza CC BY:
Forro, de Sabela Caamaño, Antía Ameixeiras e Pedro Pascual.
Backed Vibes Clean, de Kevin MacLeod
Little Lily Swing, de Tri-Tachyon