Alberto vai todo o camiño cara a casa de Xiana pensando na maneira de escaquearse. Por sorte, cando están diante do posto de filloas, a piques de comezar co plan, aparecen unhas turistas que lle enchen o ollo a Andrés e ambos marchan con elas, librándose ter que "entreter" a Salva; aínda que terán que volver para rematar o traballo.