A portavoz do goberno local e concelleira de Mercados, Rocío Llovo, fai un chamamento á unión do sector comercial e hosteleiro de Vilagarcía, ante o descontento xurdido dende Zona Aberta pola apertura da Praza de Abastos e a celebración do mercadillo o festivo 12 de outubro.
Rocío Llovo asegura que o concello respaldou no seu momento a petición do colectivo de placeros para abrir o 12 de outubro e manter o mercadillo porque consideraron que sería unha boa forma de dinamizar a praza e o resto da economía local.
Dende Zona aberta puntualizan que non están en contra da apertura dos postos da praza pero que sí lles afecta a celebración do mercadillo, especialmente no sector textil e do calzado.
Neste sentido, a concelleira de Mercados considera que o ser festivo pode beneficiar a presencia de máis xente en Vilagarcía que un sábado normal, o que xenera actividade e riqueza.
Dí, ademáis, que se os comerciantes de Zona Aberta quiseran abrir, - que están no seu dereito de facelo ou non- tamén poderían sumarse a estas sinerxias.
Insiste, Rocío Llovo en que o ideal é sumar esforzos, non dividir, e ainda menos enfrontarse.
Por eso, fai un chamamento á unión do sector, e a sacar o mellor rendimento a todas as posibilidades, xa que non están os tempos para perder oportunidades.
Nolo contaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA, Rocío Llovo, concelleira de Mercados e portavoz do goberno local.