As augas de Vilanova acolleron esta mañá a presentación do punto de saída da Volta a España 2013, que como todos saben será o 24 de agosto dende unha batea sobre o mar vilanovés.
Pois este emblemático punto de saída de proba ciclista española foi o lugar onde se deron cita ante os medios de comunicación todolos actores implicados neste acontecemento... Alí estiveron o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, o director xeral da volta a España, Javier Guillén, e o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán.
Trátase dunha batea orixinal das Rías Baixas que se acondicionará para acoller ós ciclistas..
Así o explicaban o presidente da Deputación Rafael Louzán e o director Xeral de Unipublic, Javier Guillén.