A concelleira do BNG de Vilanova,
Carmela Alfonso, responde ó alcalde, Gonzalo Durán, sobre a acusación de usurpación de terreo público que o rexedor facía pública onte.
Tralas declaracións de Gonzalo Durán, a concelleira nacionalista acusa ó alcalde de mentir deliberadamente e a mala fe, alegando que a finca en cuestión está legalmente inscrita dende a sentencia que establece que parte deses terreos de As Sinas son de dominio público.
Ademáis, acusa ó alcalde de tentar prexudicar deliberadamente á súa familia e dí que está tramitando o permiso de Costas para manter a terraza de hostelería na zona onde estivo no seu momento ubicado o Restaurante La Sirena.
Carmela Alfonso tamén insiste en que ten o total respaldo do seu partido..
Así nolo decía en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA..