Cambados foi toda esta mañá un bullicio constante de ir e vir,,, xa que á habitual feira dos mércores se une o inicio da Festa do Albariño 2013.
Dende estas horas vanse abrindo paulatinamente os postos de venda ó longo do Paseo da Calzada para que veciños e turistas disfruten de catas dos mellores viños da D.O Rias Baixas.
42 adegas estan presentes este ano nos stands del Consejo Regulador.
Como saben, este ano non houbo inauguración institucional, debido ó accidente ferroviario ocorrido o pasado mércores en Santiago e ó luto oficial decretado pola Xunta de Galicia.
Por esta razón tamén se anula a actuación da charanga “Os rouba bicos” prevista para as 21 horas.
Dende o Consello Regulador, o presidente da D.O Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, agarda un importante volume de negocio nesta edición da Festa do Albariño.
Así nolo decía en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA nunha conversa en directo dende o Paseo da Calzada con Alba Piñeiro.