A plataforma de Emigrantes retornados do Salnés comeza a mobilizarse en demanda dunha solución o seu problema respecto á tributación das pensións percibidas por ter traballado no extranxeiro.
O colectivo levará este mércores 11 a sua situación ó Parlamento de Galicia e e o xoves 12 de setembro convocan unha asemblea informativa no Auditorio de Vilagarcía ás 8 da tarde, na que intervirá a deputada do BNG na Cámara Galega, Montse Prado, e o responsable da Plataforma, Xosé Lois Leirós.
Os afectados xa levaron mocións as corporacións municipais de Vilagarcía e Ribadumia, obtendo resultados desiguais.
I e que mentres en Ribadumia, as peticións dos emigrantes se aprobaban por unanimidade, en Vilagarcía o alcalde Tomás Fole resolvía en contra co seu voto de calidade, o que provocaba o abandono do pleno dos integrantes da plataforma.
Unha das suas principais reivindicacións é que se anulen as multas e intereses reclamados pola demora na realización da declaración e tamén que se amplíe o prazo concedido para pagar os impostos.
De todo elo falaba esta mañá o portavoz da Plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés, Xosé Lois Leirós.
E ademáis da Plataforma do Salnés, tamén se pon en marcha unha entidade semellante na comarca do Ulla-Umia.
A Asociación de emigrantes retornados do Ulla Umia ten previsto solicitar reunións con todolos alcaldes da zona para plantexarlles o seu problema e tamén realizarán diversas charlas informativas para guiar as personas que estéan recibindo as cartas da administración tributaria.
Agora, a próxima cita terá lugar no Auditorio de Caldas, o luns 16 deste mes, ás 20 horas.
Ademáis tamén habilitaron un correo electrónico [email protected] o número 687 560 008 para os interesados en informarse.