A nova executiva da Unión Comarcal Pontevedra-Arousa de UXT, elexida o pasado venres no Congreso do sindicato celebrado en Pontevedra, quedou constituida esta mañá en Vilagarcía.
Tres membros de Arousa e tres de Pontevedra acompañan ó secretario xeral Xosé Ramón Vidal Trillo na dirección da unión sindical de ambas comarcas.
Ponse así en marcha o que dende UXT entenden como un modelo organizativo máis áxil que pretende unha maior presencia na pequena e mediana empresa.
A primeira pauta de traballo será facer un estudio pormenorizado da problemática laboral na comarca de Arousa.
Así nolo contaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA, Ramón Vidal Trillo, secretario xeral da Unión Comarcal Pontevedra-Arousa de UXT.
Esta nova Executiva está formada por:
Secretario Xeral
X. Ramón Vidal Trillo
Secretaria de Organización
María Teresa Filgueira Prol
Secretario de Administración
Camilo Dios Dios
Secretario de Formación
Ramón Torrado López
Secretario de Acción Sindical
Carlos Javier Esperón Fernández
Secretaria de Atención aos Afiliados e Igualdade
Encarnación Cochón Moledo
Secretaria de Innovción, Medte. e Saúde Laboral
Mª del Rosario Muñíz López