Moi poucos escapan xa das consecuencias da crise e tal é o caso da Confraría de Pescadores de Vilanova, obrigada tamén a decretar un Expediente de Regulación de Emprego para conter a perda de ingresos.
Dirección do pósito e representantes sindicais asinarán mañá o documento que afecta a 15 traballadores da confraría con reducción da xornada laboral e de soldo durante un ano.
Son detalles que nos explicaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA, Evangelina Lago, patrona maior da Confraría de Vilanova.