A mancomunidade do Salnés comezou xestións con touroperadores de Moscú para promocionar a comarca do Salnés no emerxente mercado turístico ruso e atraer visitantes dese outro lado de Europa.
A Mancomunidade aspira a que unha pequena parte do máis de millón de rusos que elixen ó ano España para facer turismo visiten tamén a comarca do Salnés co reclamo da variante espiritual do Camiño Xacobeo Portugués que desemboca en Vilanova.
Así que o alcalde de Vilanova e presidente da Mancomunidade, Gonzalo Durán, aproveitou a sua estadía en FITUR para iniciar contactos con empresas do sector.
Anunciábao esta mañá Gonzalo Durán, trala presentación do programa do entroido 2013 do Concello de Vilanova, e así llo decia ó noso compañeiro Antón Xil nesta conversa en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.