O Centro Comarcal Exposalnés volve estar baixo a titulariedade do Concello de Cambados. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou esta mañá en Cambados xunto co alcalde da vila, Luis Aragunde, o convenio de cesión de titulariedade do edificio comarcal.
O goberno local xa decidiu trasladar alí a oficina de información turística, ademáis de seguir sendo a sede da Mancomunidade do Salnés.
Todo elo nolo contaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o alcalde de Cambados, Luis Aragunde, en conversa con Antón Xil.