Actualidade local e comarcal deste luns 9 de outubro..
Seguimos neste outono de verán nunha nova xornada de ceos despexados e temperaturas que se manteñen en máximas de 32 graos e mínimas de 14.
As previsións non apuntan un cambio de tempo ata o venres, que será cando as altas presións se vaian retirando permitindo o achegamento das frontes asociadas ás borrascas atlánticas.
Deste xeito, cara a fin de semana aumentará a probabilidade de precipitacións, especialmente na franxa atlántica.
Tamén as temperaturas sufrirán un progresivo descenso quedando xa en valores máis propios da época do ano.