Actualidade local e comarcal deste xoves 26 de outubro..
Nova xornada de alertas por temporal de chuvia e vento.
A pesar de que a chuvia foi amainando durante a mañá, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta elevou ao nivel laranxa a alerta por temporal costeiro para as provincias de Pontevedra e A Coruña a partir das 18 horas.
No resto do litoral, permanece o aviso amarelo con rachas do suroeste de forza sete e ondas de ata cinco metros.
En canto ás precipitacións, continúa vixente a alerta laranxa por chuvias no interior da provincia de Pontevedra, coa previsión de acumulacións de 80 milímetros en 12 horas.
As temperaturas seguen sen cambios, oscilando entre os 20 graos de máxima e os 14 de mínima.