Actualidade local e comarcal deste martes 5 de decembro.
Volve a inestabilidade nunha xornada de ceos nubrados ainda que non se agardan chuvias ata mañá mércores, festivo da constitución, na que se agarda a entrada dunha borrasca profunda que nos deixará chuvias xeneralizadas, especialmente na segunda metade do día.
As temperaturas manteranse sen moitos cambios entre os 14 de máxima e os 6 de mínima.
Segundo as previsións, as precipitacións continuarán durante toda a ponte da Inmaculada e prolongaranse durante a fin de semana.