Actualidade local e comarcal deste martes 16 de xaneiro.
Unha nova borrasca, de nome Irene, entra hoxe polas Rías Baixas con efectos que, segundo as previsións de Meteogalicia, notaranse especialmente ao longo de mañá mércores con chuvias persistentes durante toda a xornada e ventos fortes no litoral.
Hoxe os ceos permanecerán nubrados con chuvascos intermitentes e temperaturas que siguen sendo suaves oscilando entre os 18 de máxima e 15 de mínima.
De cumprirse as previsións, o xoves será unha xornada de transición na que se recuperará a influencia anticiclónica que de novo se comezaría a debilitar a partir do domingo.