Actualidade local e comarcal deste venres 9 de febreiro.
Tralo paso da borrasca Karlotta seguimos baixo os efectos das baixas presións cunha nova fronte menos activa, que nos deixa un venres de chuvia abundante e ventos máis moderados.
As temperaturas baixan a mínimas de 10 graos e máximas de 15.
Cara a fin de semana, continuarán as precipitacións en forma de chuvascos intermitentes e as temperaturas sufrirán un novo descenso, baixando tamén a cota de neve ata os 800 metros.
A partir do luns, as previsións apuntan a que continuará a inestabilidade.