Preocupante situación a que se presenta na fábrica de Atunlo de O Grove.
A dirección da empresa, que leva case dous meses en preconcurso de acreedores, activa un duro plan de reestructuración para salvar as débedas e unha das factorías afectadas será a do Grove.
A firma comunicou á plantilla a súa intención de acometer un proceso de despido colectivo nas plantas de O Grove e Santoña alegando “causas de naturaleza económica e productiva”
O comité de empresa descoñece, de momento, cantos traballadores, dos 130 que operan na factoría, se verán afectados pola medida e agardan coñecer os detalles na reunión negociadora que se constitua a vindeira semana.
En todo caso, dende a CIG, a súa responsable sindical, Mar Vila, nos aseguraba esta mañá que están dispostos a dar a batalla ante un anuncio que caeu “como unha bomba” entre a plantilla.