O escritor e xornalista, #FernandoSalgadoVarela, presenta este venres, ás 20 horas, na Sala Nauta do Concello de Sanxenxo o seu último libro, "Que miras?". A entrada é gratuíta ata completar aforo.
En "Qué miras?", Salgado narra a vida de #SusiMaquieiraVelay, unha muller con acondroplasia, enfermidade que afecta á estatura.
Nada en Cuntis, vive en Vigo e pasa os veráns en Sanxenxo. Ten 52 anos e 110 centímetros de estatura que nunca frearon a súa #traxectoria_vital.
Tirouse en tirolina desde o Morro de São Paulo, patinou sobre o xeo e a neve en Canadá, viviu como estudante en Roma e percorreu Londres e Croacia.
Ademáis, foi a promotora da #AsociaciónAvanzar, que presidiu durante toda a súa traxectoria para que persoas con discapacidades físicas e psíquicas puidesen realizar actividades formativas e lúdicas.
Xunto co autor e Susi Maquieira, no acto de presentación participarán a concelleira de Cultura, #ElenaTorres, a escritora #BaiaFernández e #RemeVarela, membro da Asociación Cultural Andarela.