Actualidade local e comarcal deste venres 15 de marzo.
As borrascas atlánticas siguen deixándonos tempo inestable e o continuarán facendo durante os vindeiros días.
De momento, hoxe os ceos permanecen nubrados con chuvascos intermitentes nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións que traerán precipitacións durante a fin de semana.
As temperaturas suben a mínimas de 12 graos e máximas de 18.
E cara a vindeira semana, segundo as previsións de Meteogalicia, o final do inverno e o comezo da primavera seguirá marcada polo tempo cambiante con probabilidade de chuvias o martes e o mércores para ir recuperando a influencia anticiclónica a partir do xoves.