Complicada situación a que deixa a grave rotura da canalización de abastecemento de auga situada baixo a ponte de Castrelo, en Cambados.
A Mancomunidade do Salnés traballa con celeridade para solventar a avaría que xa se considera como unha das máis graves rexistradas nos últimos anos na rede comarcal de abastecemento.
A rotura provocó una gran fuga que obligó a cortar la conducción provocando, inicialmente, importantes cortes a tres municipios, Meaño, Sanxenxo e O Grove, onde actualmente xa está normalizada a situación, segundo nos confirmaba o presidente da Mancomunidade David Castro.
Dende a Mancomunidade son conscientes de que se trata dunha reparación complexa debido á ubicación baixo a ponte, a uns 16 metros de altura sobre o río Umia, e o elevado peso da tubería de varias toneladas.
Por todo elo é necesario montar andamiaxes sobre o río e utilizar guindastres..
Pois para saber a última hora, falamos co presidente da Mancomunidade do Salnés, David Castro.