Actualidade local e comarcal deste luns 16 de maio de 2022. Regresan as chuvias, alomenos durante a xornada de hoxe, a de mañá martes, festivo do Día das Letras Galegas, e tamén se agardan para o mércores pola mañá.
O motivo, unha borrasca que se adentra en Galicia no seu movemento polo Atlántico cara Irlanda que nos deixa para estes días alternancia de ceos cubertos con intervalos de nubes e claros.
As temperaturas baixan a máximas de 20 e mínimas de 13.