Actualidade local e comarcal deste luns 11 de abril de 2022.
De momento seguimos baixo os efectos das borrascas, con ceos cubertos e precipitacións febles que serán máis frecuentes durante a tarde.
As temperaturas mantéñense sen cambios entre os 10 graos de mínima e os 15 de máxima.
De cumprirse as previsións, así seguiremos ata o mércores, que será unha xornada de transición cara ás altas presións.
I é que, segundo os mapas, os días centrais da Semana Santa serán soleados e os termómetros subirán ata máximas de 20 graos.