#hoxeenarousa
As primeiras persoas refuxiadas trasladadas dende Ucraína a través da iniciativa promovida pola Asociación Galucrania xa están nos seus destinos de acollida: Sanxenxo, O Grove pero tamén outros lugares de Galicia como A Estrada, Manzaneda, Oleiros e Vigo.
O autobús da empresa Benito Abalo chegou esta mañá a Vilagarcía con 31 persoas que se distribuen en diversas familias de acollemento despóis de deixar a outras quince en Francia e o País Vasco, con familiares ou amigos.
Agora, dende Galucrania xa pensan en organizar unha nova viaxe que leve a Varsovia nova axuda humanitaria e traerse máis persoas refuxiadas.
Todo elo nolo contaba nesta conversa Ainhoa Fervenza, responsable de Galucrania.