#hoxeenArousa
Está previsto que hoxe mesmo salgan para Ucraína os dous ou tres primeiros camións de Fundiciones Rey cargados con axuda humanitaria.
Serán unhas 20 toneladas por camión de productos de primeira necesidade e medicinas recollidos estes días dende numerosos concellos a través das diferentes iniciativas solidarias.
O convoi partirá cara Ucraína facendo parada no check point de Polonia, onde a empresa ten a súa base loxística e dende alí distribuiranse a través das organizacións gubernamentais correspondentes.
Sen embargo o problema é que todavía queda moita máis axuda humanitaria por trasladar e dende Fundiciones Rey non dipoñen de máis medios para sufragar novas viaxes.
Por tal motivo, o responsable de Fundiciones Rey, Elías Cochón, fai un chamamento a outras empresas con solvencia para que se sumen ao ao operativo e poñan flotas de camións á disposición da firma vilagarciá.
Nolo decía nesta conversa, as veces con mala conexión, pero que merece a pena escoitar íntegramente.