Esta semana co mar ainda bravo e a choiva nas xanelas, remataremos a semana con este especial radiofónico adicado AS NOSAS ROSALÍAS VIVAS, replay, dende a goleta radiofónica "Ó NOSO XEITO", de radio Roncudo Corme e retransmitidos, o unísono, por radio Neria Corcubión.
Estarán a bordo, na sección de entrevistas, Natalia Lema Otero, Isabel Pichel e Claudia Castro ; navegaremos nese trepidante directo das derradeiras radios libres da Costa Verdescente. Óscar de Souto como aprendiz de locutor e Juanito Comején no temón da nao ..... fusionaremos cultura, radio, sociedade, novas e música para que nesta decimosexta emisión da segunda singladura 2016 cheguemos a toda a Costeira dende Arou ata Malpica pola 106.1 FM Norte e dende Muros ata Camariñas pola 107.8 FM Sur.
-
O programa repítese todos os sábados pola mañán as 11.
-
Séguenos tamén polo facebook nesta entrada:
https://www.facebook.com/groups/517036121805142/?fref=ts
-
Medren as nosas Comarcas, medre a nosa Costa e medren as nosas derradeiras radios libres !!!!!!!
-
Para o resto do planeta.... tamén poderedes escoitarnos por internet nas seguintes entradas:
http://radioroncudo.caster.fm/
http://37.59.121.120/player/neriafm/index3.php
https://radioroncudo.wordpress.com/
http://radioneria.blogspot.com/