Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a t... more
FAQs about Podcast Radio Cerna:How many episodes does Podcast Radio Cerna have?The podcast currently has 1,691 episodes available.
May 15, 2013As utilidades das algas na cociña e na medicinaAs algas son abono, alimento, cosmética e medicina. Hoxe imos coñecer as súas propiedades como alimento e medicina da man dun experto en algas, Xacobo de Toro, que vén de impartir un curso de algas no equipamento de educación ambiental de Alvarella....more11minPlay
May 14, 2013O modelo pontevedrés de mobilidade. Referente europeo.Pontevedra conseguiu converter a súa política de mobilidade urbana nun referente para varios países de Europa. Vén de recibir o premio europeo Intermodes de mobilidade sostible e xa está citado a participar en diversos foros internacionais sobre mobilidade. Coñecemos cal é o segredo deste éxito co concelleiro de Infraestruturas de Pontevedra, César Mosquera....more11minPlay
May 13, 2013O Gran corredor ecolóxico do sur de EuropaA construción dun grande corredor ecolóxico desde a Cordilleira Cantábrica ata os Alpes occidentais é un proxecto que se leva fraguando desde 2005. Os catro Estados implicados desenvolverán ao longo deste ano un Plano estratéxico que promova e planifique a creación deste Gran Corredor, o segundo no Estado español....more11minPlay
May 10, 2013Boletín informativo ambiental 10/05/13Neste boletín escoitarás as novas máis relevantes no eido ambiental desta semana. Non te quedes sen coñecelas!...more11minPlay
May 09, 2013Prohibidos os pesticidas que acaban coas abellasBoa noticia para as abellas e, por tanto, para a humanidade. A UE prohíbe 3 pesticidas de uso masivo que están a acabar coas colmeas de abellas de toda Europa. É unha prohibición limitada por 2 anos e a partir do 31 de decembro deste ano. Falamos cun representante da Asociación Galega de Apicultores sobre este fito histórico....more11minPlay
May 08, 2013Recollida e reciclaxe da roupa por Equus ZebraADEGA colabora coa ONG Equus Zebra na recollida de roupa usada para a súa reciclaxe, apostando pola nova vida dos residuos. A partires de agora, as sedes de ADEGA en Santiago e Lugo serán puntos de recollida de calzado e roupa. Neste espazo coñeceremos que destino teñen estes "residuos"....more11minPlay
May 07, 2013A fitoconstrución. Método para descontaminar os solosÁs veces, os métodos convencionais para a descontaminación do solo son agresivos co propio solo. Por iso, nos últimos tempos estanse investigando outras técnicas máis respectuosas co medio natural como é a fitoconstrución. Unha tese do IIAG revela como utilizar algunhas especies vexetais para loitar contra a contaminación do solo por metais pesados. Falamos coa súa autora, Cristina Becerra Castro....more11minPlay
May 06, 2013A gralla pequena: Ave do ano 2013A gralla pequena vén de ser elixida pola Soiedade Galega de Ornitoloxía como Ave do ano 2013. Un estudo de Xurxo Mouriño puxo de relevo a diminución da poboación galega de gralla pequena nos últimos anos. Pese a que é unha ave común, a súa actual situación preocupa aos ornitólogos que a declaran ave do ano para facer un chamamento de atención....more11minPlay
May 03, 2013Boletín informativo ambiental 03/05/13Coñece a actualidade ambiental de Galiza neste espazo de radio....more11minPlay
May 02, 2013Vigo estrea supermercado ecolóxicoNace o primeiro supermercado ecolóxico na cidade de Vigo. A iniciativa parte dunha parella de vigueses que, tras descubrir unha intolerancia á lactosa e ante a dificultade de atopar concentrados preto do consumidor todos os produtos ecolóxicos, deciden montar este negocio. Falamos con eles....more11minPlay
FAQs about Podcast Radio Cerna:How many episodes does Podcast Radio Cerna have?The podcast currently has 1,691 episodes available.