A pasada semana, A Fonsagrada acolleu unha charla organizada polo BNG local coa participación de ADEGA e a FRUGA para explicar a poboación cales son as consecuencias para as poboacións locais dos proxectos mineiros "estratéxicos" ou dirixidos á explotación de ouro e outros minerais metálicos moi devecidos, hoxe en día, pola industria da electrónica. A Fonsagrada, xunto cos concellos de Baleira, Becerreá e Baralla, están a a ser obxecto de exploración na busca de ouro por parte da multinacional Golquest Ibérica.