Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a t... more
FAQs about Podcast Radio Cerna:How many episodes does Podcast Radio Cerna have?The podcast currently has 1,691 episodes available.
June 28, 2013Boletín informativo ambiental 28/06/13Coñece as novas ambientais da última semana en Galiza, aquí en Radio Cerna, programa prmovido por ADEGA....more11minPlay
June 27, 2013ADEGA gaña nos tribunais a nulidade do Plan Sectorial de BarreirosO TSXG anula o Plan sectorial de Barreiros co que o PP intentou legalizar as urbanizacións supostamente ilegais de Barreiros. Estas obras foron xudicializadas no seu día polo bipartito e o goberno de Núñez Feijóo retirou os contenciosos con cargo a este planeamento agora anulado. ADEGA manifesta a súa satisfacción por esta sentenza, que aforrará ademais 14 millóns de euros ás arcas públicas....more11minPlay
June 26, 2013Posible delito ambiental nos montes de FerrolterraA organización ecoloxista ADEGA investiga a composición de varias toneladas de verteduras arredor do polígono industrial das Somozas, en Ferrol, depositadas en terreo agrícola e de cultivo. As analíticas revelan unha elevada concentración en metais pesados e hidrocarburos que son moi prexudiciais para o solo e a saúde humana. ADEGA levará este caso á Fiscalía....more11minPlay
June 25, 2013Curso de verán en deseño e xestión de conservación localADEGA, coa colaboración da UDC, organiza un curso de verán dedicado ao deseño e xestión da conservación natural en ámbitos locais. Descubrimos os contidos do programa neste programa Cerna. Terá lugar na facultade de Ciencias da UDC durante os días 2, 3, 4 e 5 de xullo....more11minPlay
June 21, 2013Boletín informativo ambiental 21/06/13Radio Cerna dedica os venres a repasar as novas ambientais de cada semana. Hoxe é un destes días, así que non o perdas, e entérate do acontecido no eido ambiental galego nos últimos días....more11minPlay
June 20, 2013Asociación Espiga de bioconstrución: a volta á calNace unha asociación, Espiga, que aglutina gran parte do sector da bioconstrución en Galiza e organiza o seu primeiro congreso. Terá lugar os días 28, 29 e 30 de xuño en Viveiro co obxectivo de vincular bioconstrución e rehabilitación e de recuperar vellos materiais naturais para as vivendas como a cal....more11minPlay
June 19, 2013A sociedade galega demanda outro modelo de ferrocarrilDiante dos recortes de servizos ferroviarios promovidos por Fomento e Renfe, o terceiro sector demanda outro modelo de ferrocarril en Galiza, que sirva para transportar viaxeiros e mercadorías en distancias curtas e medias: o tren de proximidade ou cercanías. O sindicato CGT e ADEGA avogan por este mesmo modelo....more11minPlay
June 18, 2013A verdade sobre os recortes de tren en GalizaO experto no sector ferroviario de Galiza e autore de varias publicacións sobre o tren galego, Xosé Carlos Fernández, fai unha análise crítica dos recortes dos servizos de tren programados por Fomento e Renfe para este mes de xuño....more11minPlay
June 17, 2013Os recortes de tren en Galiza, segundo RenfeRadio Cerna entrevista a Alejandro Huergo, delegado de comunicación de Renfe no Noroeste sobre o maior recorte na historia de servizos ferroviarios en Galiza. Coñeceremos o porqué deste recorte e as alternativas que Fomento ten previsto dispoñer para o transporte de viaxeiros que queden sen ferrocarril....more11minPlay
June 14, 2013Boletín informativo ambiental 14/06/13Preme e escoita en 10 minutos as novas ambientais que aconteceron en Galiza na última semana. Non o perdas!...more11minPlay
FAQs about Podcast Radio Cerna:How many episodes does Podcast Radio Cerna have?The podcast currently has 1,691 episodes available.