Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a t... more
FAQs about Podcast Radio Cerna:How many episodes does Podcast Radio Cerna have?The podcast currently has 1,679 episodes available.
June 26, 2013Posible delito ambiental nos montes de FerrolterraA organización ecoloxista ADEGA investiga a composición de varias toneladas de verteduras arredor do polígono industrial das Somozas, en Ferrol, depositadas en terreo agrícola e de cultivo. As analíticas revelan unha elevada concentración en metais pesados e hidrocarburos que son moi prexudiciais para o solo e a saúde humana. ADEGA levará este caso á Fiscalía....more11minPlay
June 25, 2013Curso de verán en deseño e xestión de conservación localADEGA, coa colaboración da UDC, organiza un curso de verán dedicado ao deseño e xestión da conservación natural en ámbitos locais. Descubrimos os contidos do programa neste programa Cerna. Terá lugar na facultade de Ciencias da UDC durante os días 2, 3, 4 e 5 de xullo....more11minPlay
June 21, 2013Boletín informativo ambiental 21/06/13Radio Cerna dedica os venres a repasar as novas ambientais de cada semana. Hoxe é un destes días, así que non o perdas, e entérate do acontecido no eido ambiental galego nos últimos días....more11minPlay
June 20, 2013Asociación Espiga de bioconstrución: a volta á calNace unha asociación, Espiga, que aglutina gran parte do sector da bioconstrución en Galiza e organiza o seu primeiro congreso. Terá lugar os días 28, 29 e 30 de xuño en Viveiro co obxectivo de vincular bioconstrución e rehabilitación e de recuperar vellos materiais naturais para as vivendas como a cal....more11minPlay
June 19, 2013A sociedade galega demanda outro modelo de ferrocarrilDiante dos recortes de servizos ferroviarios promovidos por Fomento e Renfe, o terceiro sector demanda outro modelo de ferrocarril en Galiza, que sirva para transportar viaxeiros e mercadorías en distancias curtas e medias: o tren de proximidade ou cercanías. O sindicato CGT e ADEGA avogan por este mesmo modelo....more11minPlay
June 18, 2013A verdade sobre os recortes de tren en GalizaO experto no sector ferroviario de Galiza e autore de varias publicacións sobre o tren galego, Xosé Carlos Fernández, fai unha análise crítica dos recortes dos servizos de tren programados por Fomento e Renfe para este mes de xuño....more11minPlay
June 17, 2013Os recortes de tren en Galiza, segundo RenfeRadio Cerna entrevista a Alejandro Huergo, delegado de comunicación de Renfe no Noroeste sobre o maior recorte na historia de servizos ferroviarios en Galiza. Coñeceremos o porqué deste recorte e as alternativas que Fomento ten previsto dispoñer para o transporte de viaxeiros que queden sen ferrocarril....more11minPlay
June 14, 2013Boletín informativo ambiental 14/06/13Preme e escoita en 10 minutos as novas ambientais que aconteceron en Galiza na última semana. Non o perdas!...more11minPlay
June 13, 2013Salvemos Fontán!: a sinrazón da estrada ao portoA Xunta elixe a estrada máis impactante ambiental, social e economicamente para dar servizo ao porto de Fontán (Sada). Colectivos sociais e ecoloxistas levantáronse "en pé de guerra" contra este proxecto xa que suporía tirar abaixo un BIC (Ben de Interese Cultural) e estragar as únicas praias virxes de Sada.A campaña "Salvemos Fontán!" tamén alude á ilegalidade do proxecto, xa que vai en contra do Plan Xeral de Urbanismo do concello....more11minPlay
June 12, 20131º Atlas de aves de inverno do EstadoSEO/Birdlife acaba de publicar o 1º Atlas de aves de inverno do Estado español, logo de varios anos de traballo axudados por milleiros de colaboradores de toda España. Hoxe analizamos algúns datos curiosos que se extraen deste estudo co coordinador do mesmo....more11minPlay
FAQs about Podcast Radio Cerna:How many episodes does Podcast Radio Cerna have?The podcast currently has 1,679 episodes available.