Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Campaña de outono de Proxecto Ríos
    O Proxecto Ríos de voluntariado ambiental en ríos de ADEGA vén de comezar a súa campaña de outono. Esta fin de semana comeza as súas actividades de formación e voluntariado. O sábado terá lugar o curso de formación de voluntarios e o domingo realizarase a limpeza simultánea dos ríos galego. Pero isto non é todo, escoita!
    11 min
  • Monte Pindo: o peor lume do ano
    Preto de 2.500 hectáreas queimadas, nas que se atopaban dúas especies singulares e 50 especies protexidas, alén dos danos económicos. Foi o pero lume do que vai de ano e tivo lugar nun espazo protexidos como Rede Natura e proposto a Parque Natural polos colectivos sociais. A esperanza do Pindo é rexurdir canto antes, mais para iso precisa de axuda. Falamos co presidente da Asociación Monte Pindo Parque Natural.
    11 min
  • Obxectivo: Rexenerar o río Limia
    A contaminación do río Limia está acadando cotas inasumibles, por iso a Confederación Hidrográfica Miño-Sil busca financiamento europeo para poder abordar de xeito ambicioso a súa rexeneración. Presentou a candidatura do proxecto "Rexenera Limia" ao programa Life de axudas, co apoio da Xunta e de varias empresas privadas con intereses no efluente. O presidente da confederación, Francisco Marín, explica en Radio CERNA en que consiste o proxecto.
    11 min
  • Terceiras “charcas con vida” de ADEGA
    ADEGA segue a construír e reconstruír charcas polo país a prol do fomento da biodiversidade vexetal e animal nos ecosistemas acuáticos. "Charcas con Vida" convoca unha nova xeira de traballo voluntario para esta fin de semana, achegando a sociedade á natureza, e contribuíndo a minimizar a desaparición dos pequenos humidais. Nalgúns países europeos a súa desaparición foi drástica, chegando a minguar entre un 50% e un 80%.
    11 min
  • Presente e futuro das enerxías renovables a debate
    É o momento de debater sobre o futuro das enerxías renovables en Galiza. Tras os dous últimos decretos do goberno estatal que incrementa os custos da produción e consumo de electricidade e os recortes parciais ou totais das primas, a situación virou moi difícil tanto para as empresas produtoras como para os consumidores. Nunhas xornadas organizadas mañá e pasado en Vigo polo enxeñeiros industriais galegos reflexionarase sobre este asunto. Adiantamos algo desta reflexión coa axuda de Fernando Blanco Silva, un dos organizadores.
    11 min
  • Prohibir por lei o uso do cianuro na minaría galega
    Os ecoloxistas galegos reclaman ao Parlamento que prohíba o uso do cianuro nas explotacións mineiras de Galiza a través dunha nova lei. Para iso presentaron na cámara a pasada semana unha proposición de lei e outra proposición non de lei baseada nas recomedacións dunha resolución do Parlamento europeo de 2010, na que instaba aos gobernos a restrinxir o uso deste químico nocivo para o ambiente e a saúde humana.
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 13/09/13
    Balance sobre os lumes forestais deste ano, movemento ecoloxista contra o uso do cianuro ou desecado da lagoa da Frouxeira son algunhas das novas que nos deu esta semana Gaiza, no ámbito ambiental. Dámos conta destas e de moitas outras neste boletín informativo.
    11 min
  • Movemento SOP, contra a obsolescencia programada
    Os obxectos que consumimos poden durar moito máis tempo do que duran. A obsolescencia programada leva inventada máis de 80 anos para obrigar ás persoas a consumir máis. Pero a capacidade do Planeta para asumir residuos é limitada, polo que hai que ir pensando en cambiar este modelo de mercado. O movemento SOP (sen obsolescencia programada) é un dos colectivos que está a traballar para acabar con esta práctica. Presentámolo neste espazo Cerna.
    11 min
  • O río Miño, candidato a Patrimonio da Humanidade
    Non fomos os galegos e galegas os que tivemos a iniciativa, senón o veciño Portugal. O concello de Caminha lanza a proposta de candidatar o río Miño a Patrimonio Mundial da Humanidade. Con que obxectivos? Descubrímolo co vicepresidente deste municipio ribeirán portugués co que compartimos o pai dos ríos galegos.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.