Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Como preservar a memoria do Territorio
    Ana Filgueiras é arqueóloga, etnógrafa e antropóloga. Como profesional, intenta trasladas todas estas disciplinas ao desenvolvemento urbanístico para preservar o que se chama a "Memoria do Territorio". Desafortunadamente, este respecto pola memoria territorial é pouco habitual no eido urbanístico galego, pero é necesario. Hoxe descubrimos con ela como debemos evitar a fraxilidade da memoria territorial.
    11 min
  • Xornadas Mouras sobre experiencias en Etnografía
    A etnografía en Galiza será o tema arredor do que xiren a V edición das Xornadas Mouras, organizadas pola Plataforma en defensa do patrimonio das Pontes e polo Museo etnográfico de Caxado. Neste encontro relataranse as experiencias dos centros museísticos etnográficos do Eume, Ortegal e Grandas de Salime. Tamén contarán cos relatorios de especialistas como Felipe Senén ou Ana Filgueiras.
    11 min
  • Proxecto Soutos: un pulo á industria galega da castaña
    Nace en 2010 para potenciar a produción da castaña galega para a industria da castaña en fresco e conxelada. Promovido pola empresa Alibós, este proxecto pon a producir de xeito sostible máis de 200 hectáreas de soutos abandonados na provincia de Lugo. O obxectivo: recuperar a función destes soutos e dotalos dunha viabilidade empresarial.
    11 min
  • Que é a castañicultura ecolóxica?
    No programa de hoxe coñecemos o que é a castañicultura ecolóxica. As diferenzas entre un souto ecolóxico e outro convencional, as pecualiaridades do seu manexo e como obter o selo do consello regulador. Sobre todos estes contidos versará o curso de castañicultura ecolóxica que comeza hoxe no centro Agronovo Ecoloxía de Lugo.
    11 min
  • Recuperando charcas antigas no Bierzo
    Esta fin de semana, o proxecto Charcas con Vida de ADEGA trasladarase á veciña comarca do Bierzo. O obxectivo será recuperar charcas contruídas polo home que, ao longo do tempo, fóronse convertindo en refuxio de moita biodiversidade, e que hoxe en día están colmatadas. Devolver a vida a esas charcas é o reto.
    11 min
  • Crónica dun varamento masivo
    É un dos varamentos masivos de cetáceos que ten acontecido, non só nas costas galegas, senón tamén españolas. A pasada semana, 22 caldeiróns varamban na praia de Arealonga do Vicedo, na Ría do Barqueiro, facendo saltar todas as alarmas e vontades. Un dos membros do equipo da CEMMA (coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños) relátanos in situ como se viviron esas xornadas de rescate.
    11 min
  • Ribeira Sacra: nova aposta polo Patrimonio da Humanidade
    É a segunda vez que a Ribeira Sacra se propón como candidata a Patrimonio da Humanidade. Tras o frustrado intento da Xunta de 2005, que non acadou chegar nin á sede da Unesco, agora son as Deputacións provinciais de Lugo e Ourense as que impulsan unha nova proposta. Parece que desta volta as intencións son serias, mais queda por acadar o apoio de todos os sectores implicados. Entrevistamos a Xosé Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.