Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Web para a biodiversidade ameazada de Galiza e do norte de Portugal
    Nace un novo portal web dedicado á biodiversidade ameazada de Galiza e do Norte de Portural. En "biodiversidade.eu" poderemos atopar o rexistro de todas as especies animais e vexetais ameazadas, a súa localización no mapa, as fichas das características de cada unha, rutas de observación de flora ameazada, etc. O web está promovido pola USC, que pretende que sexa a propia sociedade a que o vaia dotando de contidos.
    11 min
  • Empresas rurais innovadoras, empresas “estruming”
    Existen ideas empresariasi que se desenvolven no rural ou a través do rural e que son innovadoras. Concentralas todas nun mesmo foro de reflexión, debate, e traballo é o obxectivo dos "Estruming days", xornadas técnicas nas que intercambiar experiencias, establecer contactos e nutrirse do coñecemento dos demais. Unha das súas organizadoras, Desirée Vidal, valora a primeira sesión dos Estruming days e cóntanos que temas se van tratar nas seguintes.
    11 min
  • A bicicleta en Galiza, como iniciativa empresarial
    Non é só un medio de transporte ecolóxico, tamén é un medio de vida. A bicicleta é a materia prima de varias iniciativas empresarias galegas, das que hoxe coñecemos dúas. Cyclowood, dedicados á fabricación de bicis exclusivas de madeira, e Velaivai, que promove o servizo de reparto e mensaxería usando o pedal.
    11 min
  • Guía para superar a escaseza do petróleo
    Xa superamos o pico ou teito do petróleo (peak oil) e ninguén nos está a advertir de como superar a escaseza de petróleo. É urxente tomar medidas para que o colapso enerxético non sexa inasumiblemente drástico. Por iso a Asociación Véspera de Nada está traballando desde hai anos nunha "Guía para o descenso enerxético" que agora quere publicar e distribuír. Está a pedir apoios a través da plataforma Verkami de crowdfunding online.
    11 min
  • Informe: 23 anos de lumes en cifras
    O sindicato Comisións Obreiras publica un informe no que dá analiza os lumes dos últimos 23 anos en Galiza, para dar conta do que supoñen para a perda de erritorio e para a nosa economía. Os datos son reveladores...
    11 min
  • Quen era Leopoldo López Rego? Homenaxe na Eira da Xoana
    Este sábado, ADEGA celebra a II Homenaxe ás persoas crentes comprometidas co país e coa defensa ambiental de Galiza. A figura homenaxeada será Leopoldo López Rego, home entregado á defensa dos intereses da colectividade fronte os abusos dos poderosos, tamén no eido ambiental. Hoxe en Radio Cerna coñecemos cal foi a implicación de López Rego na loita ambientalista galega.
    11 min
  • Viaxe emocional á porta dos Ancares
    Achegar aos rapaces e as rapazas do rural ao seu medio máis próximo para coñecelo de primeira man foi o obxectivo desta Viaxe emocional á porta dos Ancares impulsada por un grupo de persoas comprometidas coa tradición, a cultura e o medio ambiente galego. Hoxe coñecemos esta experiencia que promete ser a primeira de moitas outras.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.