Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a t... more
FAQs about Podcast Radio Cerna:How many episodes does Podcast Radio Cerna have?The podcast currently has 1,691 episodes available.
April 02, 2013A toxicidade do pesticida máis usado no mundoEcologistas en Acción xunto cunha ducia de outras organizacións ecoloxistas e agrarias demanan un maior control sobre os pesticidas e, nomeadamente, sobre o glifosato, o agrotóxico máis utilizado en todo o mundo....more11minPlay
April 01, 2013Acuíferos de Galiza-Costa para o abastecemento do ruralUnha tese da Universidade de Santiago de Compostela revela que o aproveitamento sostible dos acuíferos existentes na bacía Galiza-Costa, competencia da Xunta, permitiría abastecer de auga a unha gran parte da poboación rural galega, sen necesidade de recorrer ás augas superficiais ou fluviais. O autor da investigación, Xoán Ramón Raposo explícanos como levar a cabo este descubrimento....more11minPlay
March 27, 2013Que é o fracking?É unha técnica de extracción de gas natural e petróleo que se está a estender en Estados Unidos e sobre a que se están a interesar algunhas comunidades próximas como Asturias ou León. Pero é un método moi agresivo co medio natural e perigoso para as persoas. Neste espazo coñeceremos o que é e ademais saberemos que posibilidades de desenvolvemento ten en Galiza....more11minPlay
March 26, 2013Manifesto contra minaría contaminante en GalizaA Alianza por un medio rural galego vivo, formada por ADEGA, FRUGA, CIG e ORGACCMM, lanzan o manifesto para o aproveitamento sustentable dos recursos xeolóxicos e contra a minaría contaminante. Neste documento establécense os requirimentos mínimos indispensables por parte destas entidades para compatibilizar a minaría coa protección ambiental e outras actividades do territorio. Coñecemos os seus contidos neste programa....more11minPlay
March 25, 2013A Cidade da Cultura involucrada nun presunto delito ambientalResponsables da empresa que subministrou pedra para a construción dos tellados do Gaiás e da residencia presidencial de Manuel Fraga están imputados por presunto delito ambiental. Tras unha denuncia de ADEGA de hai 6 anos pola presunta invasión de terreos da Rede Natura por parte da canteira, agora celébrase o xuízo no que se piden penas de ata 5 anos de cárcere....more11minPlay
March 22, 2013Boletín informativo ambiental 22/03/13A través deste boletín informativo coñecerás cales foron os acontecementos desta semana no eido ambiental galego....more11minPlay
March 21, 2013Educar en verde: un enfoque para o século XXIHeike Freire, sociólogo, pedagoga e xornalista, experta en pedagoxía "verde" visitou Galiza para definir as necesidades de cambio do actual modelo educativo por un método de ensino máis aberto ao contacto coa natureza e a modos de coñecemento máis póximos á dinámica natural do mundo....more11minPlay
March 20, 2013Flora (cenoura brava) e Fauna (a balea común).A cenoura brava e a balea común son as especies vexetais e animais escollidas desta volta para afondar no coñecemento da flora e fauna do país. Marga Miguens e Xosé Salvadroes descúbrennos os segredos destas dúas especies da natureza....more10minPlay
March 19, 2013ILP para que o galego se abra á lusofoníaA Iniciativa lexislativa popular Valentim Paz Andrade que a poboación galega se achegue á lusofonía a través dos medios, do ensino e da xestión cultural. Para moitos é unha oportunidade, non só cultural, senón tamén social e económica para o país. A ILP vén de acadar as 17.000 sinaturas que xa presentou no Parlamento de Galiza á agarda de que sexa admitido a trámite....more11minPlay
March 18, 2013Visita galega á Bruxelas para falar de residuosAsí como hai poucas semanas, un grupo de eurodeputados/as viñeron a Galiza para avaliar a situación das nosas rías; agora é Galiza quen se traslada á Bruxelas, a través dunha Comisión, para falar da política galega sobre xestión de residuos sólidos urbanos na Conferencia ZERO WASTE 2013. Foron os colectivos e plataformas que impulsaron a Iniciativa Lexislativa Popular a prol da redución, reutilización e reciclaxe. Neste espazofacemos a crónica da visita....more11minPlay
FAQs about Podcast Radio Cerna:How many episodes does Podcast Radio Cerna have?The podcast currently has 1,691 episodes available.