Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a t... more
FAQs about Podcast Radio Cerna:How many episodes does Podcast Radio Cerna have?The podcast currently has 1,679 episodes available.
February 27, 2013É a minaría rendible en Galiza?O profesor en Economía ecolóxica na USC, Xoán Ramón Doldán, fai unha análise da rendibilidade da minaría en Galiza, tendo en conta os impactos que esta actividade xera no territorio. O discurso tivo lugar o pasado 16 de febreiro en Compostela, dentro do I Encontro galego sobre os impactos da minaría....more10minPlay
February 26, 2013Galiza non é unha minaUn xeólogo e un enxeñeiro de minas desmontan o mito promulgado pola Administración de que "Galiza é unha mina". Trátase do catedrático en xeoloxía, Xoán Ramón Vidal Romaní, e do Enxeiro de Minas, Emilio Menéndez. Eles tamén participaron no I Encontro galego sobre os impactos da minaría en Galiza....more11minPlay
February 25, 2013Os impactos e os atrancos da minaría en GalizaO I Encontro galego sobre os impactos da Minaría celebrado o pasado 16 de febreiro fixo un repaso ao estado da cuestión da minaría que se desenvolve en Galiza e das expectativas sobre os futuros proxectos mineiros. Ao longo de toda esta semana abordaremos os contidos recollidos neste Encontro, comezando por analizar os impactos da minaría no medio natural. Especial mención tivo neste acto as previsións sobre o impacto da mina de ouro de Corcoesto....more10minPlay
February 22, 2013Boletín informativo ambiental 22/02/13Convidámoste a descubrir cales foron as novas desta semana máis destacadas no eido ambiental. Escoita este espazo CERNA!...more11minPlay
February 21, 2013Os lodos da ría do Burgo alarmaron aos parlamentarios europeosFoi a terceira visita e última dos eurodeputados europeos polas rías galegas. O estado de contaminación da ría do Burgo non deixou indiferentes aos parlamentarios europeos, nomeadamente, a acumulación de lodos nos seus fondos. A Plataforma en defensa da ría do Burgo quedou satisfeita desta visita, como imos escoitar no espazo de hoxe....more10minPlay
February 20, 2013Delegados europeos a poucos metros de ReganosaA ría de Ferrol foi o segundo enclave do litoral galego que visitou a delegación parlamentaria da Unión Europea. Por primeira vez poideron observar de xeito directo a localización de Reganosa no interior da ría e comprobar os riscos que ten. O Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol aseguran que os eurodeputados quedaron alarmados....more10minPlay
February 19, 2013Europa mira con lupa o saneamento da ría de VigoA partir de hoxe ata o venres analizaremos con varios colectivos e plataformas como versou a visita dos eurodeputados ás rías galegas para comprobar sobre terreo o seu estado de contaminación e degradación. Hoxe comezamos por avaliar a visita á ría de Vigo coa plataforma que se encarga da súa defensa....more11minPlay
February 18, 2013A xustiza falla a favor da paralización das obras de ValdoviñoÉ un dos casos galegos máis paradigmáticos no incumprimento da lexislación ambiental e urbanística. Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza bota abaixo as pretensións de construción dunha urbanización de chalés e dous hoteis na costa de Valdoviño, en zona protexida con varias figuras legais ambientais e patrimoniais. ADEGA manifesta a súa satisfacción, aínda que o fallo é recurrible....more11minPlay
February 15, 2013Boletín informativo ambiental 15/02/13A visita dos eurodeputados ás rías galegas foi a nova ambiental máis relevante da última semana, pero se queres que outras noticias nos deixaron os últimos días sobre medio ambiente e ecoloxía, escoita este espazo CERNA....more11minPlay
February 14, 2013A idea do “procomún” nos montes veciñaisNeste programa CERNA descubriremos cal é a filosofía do "procomún" e como pode ser aplicada nos montes veciñais. Un grupo de colectivos enzarzan os seus traballos para crear o proxecto "Sachando procomún" que, entre outras finalidades, intenta achegar as novas teconoloxías ás comunidades de montes e crear foros de investigación sobre esta parte do territorio que resulten innovadores e multidisciplinarios....more11minPlay
FAQs about Podcast Radio Cerna:How many episodes does Podcast Radio Cerna have?The podcast currently has 1,679 episodes available.