Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a t... more
FAQs about Podcast Radio Cerna:How many episodes does Podcast Radio Cerna have?The podcast currently has 1,691 episodes available.
February 15, 2013Boletín informativo ambiental 15/02/13A visita dos eurodeputados ás rías galegas foi a nova ambiental máis relevante da última semana, pero se queres que outras noticias nos deixaron os últimos días sobre medio ambiente e ecoloxía, escoita este espazo CERNA....more11minPlay
February 14, 2013A idea do “procomún” nos montes veciñaisNeste programa CERNA descubriremos cal é a filosofía do "procomún" e como pode ser aplicada nos montes veciñais. Un grupo de colectivos enzarzan os seus traballos para crear o proxecto "Sachando procomún" que, entre outras finalidades, intenta achegar as novas teconoloxías ás comunidades de montes e crear foros de investigación sobre esta parte do territorio que resulten innovadores e multidisciplinarios....more11minPlay
February 13, 2013O oso pardo xa está asentado en GalizaA organización FAPAS confirma a presenza en Galiza de unha osa e dúas crías na comarca dos Ancares lugueses, no concello da Fonsagrada. Este dato esperanzador sobre o espallamento do oso pardo no noroeste peninsular significa que en Galiza xa se conseguiu asentaresta especie en perigo de extinción....more11minPlay
February 11, 2013A lei da reciclaxe consegue o apoio do pobo galegoA Iniciativa Lexislativa Popular a favor da redución, reutilización e reciclaxe en Galiza conseguiu as sinaturas necesarias para refrendra o apoio do pobo ante o parlamento, mesmo se rebasou en 6.000 sinaturas o obxectivo. Agora será o Parlamento o que decida se o texto lexislativo se debate ou non pola Cámara que nos representa. Segundo a Comisión promotora da ILP, o Parlamento non ten máis remedio que debatir sobre o futuro da xestión do lixo en Galiza e propor alternativas á incineración....more11minPlay
February 08, 2013Boletín informativo ambiental 08/02/13Descubre neste espazo de Radio Cerna cales son as novas máis impactantes desta semana no eido medioambiental galego....more11minPlay
February 07, 2013A CEMMA en Indemares e o Banco de GaliciaNo programa anterior versabamos sobre o proxecto Indemares, que trata de identificar as áreas mariñas do Estado con potencialidades para ser protexidas como Rede Natura. De Galiza só participou neste proxecto a CEMMA, como entidade asociativa sen ánimo de lucro. Hoxe coñecemos cal foi o seu papel en Indemares e que foi o que atopou na área a protexer máis próxima a nós, no Banco de Galicia....more11minPlay
February 06, 2013Indemares: a Rede Natura do marIndemares é o proxecto máis ambicioso do Estado no estudo de áreas mariñas a protexer pola Unión Europea. Trata de identificar as áreas máis sensibles e interesantes dos nosos mares para que sexan declarados como Rede Natura. A Fundación Biodiversidade coordina este proxecto que rematará no presente ano....more11minPlay
February 05, 2013A extinción da Educación ambiental en GalizaA educación ambiental en Galiza vive as súas horas máis baixas. A Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) analiza o estado da cuestión de xeito negativo, pero quere imprimir esperanza e seguir loitando para que no futuro este ámbito educativo da sociedade volva adquirir importancia....more11minPlay
February 04, 2013O 1º xuízo penal por permitir unha piscifactoría en Rede NaturaLogo de 8 anos desde que Fraga autorizase a piscifactoría de Acuinor en Rinlo, e logo de 4 anos desde que a granxa de Ramón Álvarez Cascos fose declarada ilegal e o tribunal lle dese a razón a ADEGA, celébrase o primeiro xuízo penal en Galiza contra un funcionario da Xunta por asinar un informe ambiental favorable a esta instalación dentro dun espazo de Rede Natura. Neste caso, ADEGA tamén exerceu de acusación particular. A Fiscalía solicita 4 anos de prisión e 12 anos de inhabilitación para o imputado....more11minPlay
February 01, 2013Boletín informativo ambiental 01/02/13Un día maís recollemos neste espazo aquelas novas da semana máis destacadas no eido ambiental galego....more11minPlay
FAQs about Podcast Radio Cerna:How many episodes does Podcast Radio Cerna have?The podcast currently has 1,691 episodes available.