Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a t... more
FAQs about Podcast Radio Cerna:How many episodes does Podcast Radio Cerna have?The podcast currently has 1,691 episodes available.
January 17, 2013O treito galego de pesca sen morte máis longo está no río LérezA iniciativa de declarar un novo treito de pesca sen morte no río Lérez parte da Sociedade de Caza e Pesca de Forcarei e da comunidade de montes de presqueiras. Ambos colectivos participan así do proxecto de custodia fluvial impulsado por ADEGA nos ríos Ulla-Umia e Lérez. Este treito de río de pesca sen morte, de 6 quilómetros de lonxitude, é o máis longo destas características das bacías galegas....more11minPlay
January 16, 2013Os nomes e apelidos galegos. Por Xulia MarquésA filóloga Xulia Marqués vén de publicar "Enredando nos antropónimos". Nesta obra dá conta da etimoloxía dos nomes e apelidos de Galiza e ofrece aos estudantes de educación secundaria unha ferramenta de aprendizaxe divertida e interesante....more10minPlay
January 15, 2013Censo peninsular do cormorán grandeEsta semana realízase en toda a Península o censo ibérico do cormorán grande, no que tamén participan ornitólogos galegos. É unha iniciativa que impulsa a organización SEO/Birdlife dada a preocupación da Comisión Europea polo estado das poboacións desta ave invernante e reprodutora....more11minPlay
January 14, 2013Explotación de terras raras. Agora tamén no Ribeiro.Segue a promulgarse as solicitudes de permiso para investigar a existencia de terras raras e ouro en Galiza. Un dos proxectos que poderían derivarse destas investigacións sobre o terreo é a explotación mineira de terras raras na comarca do Ribeiro, nos concellos de Castrelo do Miño, Arnoia, Cartelle e Ramirás. Fálanos deste proxecto o colectivo ecoloxista ADEGA....more11minPlay
January 11, 2013Boletín informativo ambiental 11/01/13Radio Cerna emite hoxe o primeiro boletín informativo deste ano 2013. Coñece en poucos minutos a actualidade ambiental do país......more11minPlay
January 10, 2013Flora e fauna de Galiza: a verdolaga e o furañoComparte con Radio CERNA este espazo de coñecemento sobre a flora e a fauna galega, no que se describe a verdolaga, planta saborosa vestida de mala herba, e o furaño, mamífero pequerrecho que se confunde cos ratos cativos....more11minPlay
January 09, 2013Retos do Espazo parlamentar pola defensa dos animais para 2013O Espazo parlamentar pola defensa dos animais constituído por deputadas de PSOE, AGE e BNG renova os seus compromisos para 2013 e cóntanos cales son os seus retos de cara á mellora da defensa e protección animal en Galiza....more10minPlay
January 08, 2013Monte vivo en PontevedraO concello de Pontevedra dá continuidade ao seu Plan Monte Vivo para os montes do municipio co fin de recuperar os seus valores ambientais e culturais, co apoio das comunidades de montes do concello....more10minPlay
January 07, 2013Recuperar o fento arbóreo australiano de OiaANABAM elabora un Plan de Recuperación dun fento arbóreo que foi descuberto no Baixo Miño en 2002. Este é o único enclave galego onde se pode observar, aínda que nos últimos anos reduciuse a mostra en moi poucos exemplares. Está declarado como "Elemento natural de especial interese comarcal" pola Asociación Naturalista do Baixo Miño....more10minPlay
January 04, 2013Guía botánica do Campus de LugoUn grupo de investigadores e profesores da Universidade de Compostela elaboraron a Guía botánica do Campus de Lugo con obxectivos didácticos, de preservación vexetal e turísticos. O botánico Antonio Rigueiro dá conta dos contidos desta guía e das características do roteiro botánico deseñado no Campus de Lugo e que se quere conectar cos paseos dos ríos Rato e Miño....more11minPlay
FAQs about Podcast Radio Cerna:How many episodes does Podcast Radio Cerna have?The podcast currently has 1,691 episodes available.