Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a t... more
FAQs about Podcast Radio Cerna:How many episodes does Podcast Radio Cerna have?The podcast currently has 1,679 episodes available.
November 27, 2012A reserva de terras raras en Galiza e impactosO profesor e químico inorgánico Ricardo Prego Reboredo é un dos poucos investigadores que están a estudas a presenza de terras raras en Galiza, aquelas polas que se está a interesar a industria da electrónica e das enerxías verdes. Falamos con el para coñecer máis a fondo estes "mineirais do futuro", onde se atopan en Galiza e cales poden ser os perigos da súa explotación....more11minPlay
November 26, 2012A explotación do “ouro verde” en GalizaDúas multinacionais estanse a interesar polos minerais máis cobizados para a fabricación das novas tecnoloxías. Unha delas quere explotar as terras raras da Serra do Galiñeiro e outra o tantalio da mina de Penouta, en Viana do Bolo. Acabará callando este tipo de minaría en Galiza?...more10minPlay
November 23, 2012Boletín informativo ambiental 23/11/12Neste espazo Cerna dos venres escoitarás un resumo das novas ambientais acontecidas en Galiza nos últimos días....more11minPlay
November 22, 2012Lexislación ambiental: encarecemento do acceso á xustizaNesta seman aprobouse polo goberno central a subida das taxas xudiciais para a interposición de recursos. Unha das varias medidas que nos últimos dous anos están a dificultar cada vez máis o acceso á xustiza, sobre todo, dos que teñen menos recursos e das organizacións sen ánimo de lucro. Explícanolo a profesora en Dereito Ambiental na USC, Alba Nogueira....more11minPlay
November 21, 2012O “normativización” do galego, por Isaac Alonso EstravizO Estraviz profesor e filólogo aborda os problemas cos que se atopa a normalización do galego diante da súa "normativización". Tamén resalta a falta de eficación das institucións culturais galegas na promoción do uso do noso idioma e a política anti-galega que está a executar o goberno de Fixóo....more11minPlay
November 20, 2012Na busca da paisaxe cultural do futuroCal é a paisaxe que represente a identidade dos galegos e das galegas no futuro? Esta cuestión é a que se intentará definir nas VI xornadas da paisaxe cultural do Noroeste organizadas pola Deputación da Coruña. Trátase de dar pasos na regulacion da paisaxe en Galiza e de establecer unha metodoloxía da "integración paisaxística" das actividades humanas. Pero, en que casos é posible esta integración na paisaxe?...more11minPlay
November 19, 2012O IPCC en Vigo, para mitigar o cambio climáticoHai unha semana tiña lugar en Vigo a primeira xuntanza en Europa do Panel Intergubernamental sobre o Cambio Climático (IPCC). Nomeadamente, reuniuse o grupo de expertos do IPCC especialista nas metodoloxías e políticas de mitigación. O obxectivo foi revisar os milleiros de achegas neste eido ao que será o último informe do IPCC, que se publicará en 2014. Falamos co organizador e único galego integrante deste grupo do IPCC....more11minPlay
November 16, 2012Boletión informativo ambiental 16/11/12Repasamos a actualidade informativa desta semana no eido ambiental de Galiza na que o Aniversario da catástrofe do Prestige tivo especial relevancia. Neste espazo de Cerna, afondamos nesta e noutras cuestións sobre o medio natural galego que tiveron lugar nos últimos días....more11minPlay
November 15, 2012O Atlas enerxético dixital de GalizaA Consellaría de Industria pon a andar un instrumento informático que leva artellando nos últimos 10 anos e que permitirá, segundo o INEGA, planificar con maior orde as insfraestruturas enerxéticas en Galiza. Coñecemos que é o Atlas enerxéctico dixital de Galiza....more11minPlay
November 15, 2012O dicionario de Estraviz, por Isaac Alonso EstravizIsaac Alonso Estraviz colabora desde hai anos con Radio Cerna na súa sección de terminoloxía para explicarnos o significado de innumerables verbas galegas. Estraviz é un dos filólogos e lexicógrafos máis importantes de Galiza e o primeiro en elaborar un dicionario galego, só en galego. Hoxe preséntanos esta obra que xa sufriu varias actualizacións e que está en proceso dunha última que se publicará o ano próximo....more11minPlay
FAQs about Podcast Radio Cerna:How many episodes does Podcast Radio Cerna have?The podcast currently has 1,679 episodes available.