Máis de 60 colectivos entre sindicatos, ONGs, asociacións culturais, ecoloxistas, de pais e nais, estudantes, agricultores, organizacións sociais, etc., conforman a recentemente constituída Alianza Social Galega. O seu propósito é loitar contra as políticas de recortes do goberno do PP e formular alternativas para afrontar a crise.