Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Boletín informativo ambiental 08/09/23
    A campaña de recadación solidaria #TiPodesParalos supera a barreira dos 150.000 euros. Á par da eólica, Galiza vive o boom da hidroeléctrica, con 7 centrais de bombeo proxectadas no territorio. Tamén esta semana a mina de San Finx volveu ao foco informativo tras saberse que o río ten niveis de cadmio 78 veces superiores aos permitidos. A Xunta expedientou á mineira. A guerra contra o lobo regresa e confírmase que o verán do 2023 foi o máis cálido dende que hai rexistros. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 28/07/23
    A campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos está a piques de superar os 100.000 euros en doazóns, un fito moi importante, e suma un novo desafío para procurar frear o P.E. Paraño Oeste. Ao tempo, as eólicas dinamitan o Acibal, un monte cheo de petróglifos e pedras históricas en Moraña, na comarca de Caldas; e no mar, Portugal prioriza a zona da fronteira con Galiza no seu estreo da eólica mariña. O cambio climático é unha das maiores preocupacións da cidadanía actualmente, e os seus efectos nótanse en terra e nas augas. As altas temperaturas están detrás da morte masiva de navallas na Lanzada. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 21/07/23
    As montañas orientais de Galiza urxen o apoio social a través da campaña Ti Podes Paralos para frear a invasión eólica. Mentres a patronal mantense nunha cruzada contra as sentenzas que tombaron varios parques eólicos autorizados pola Xunta de Galiza. ADEGA cualifica estes ataques de indecentes e antidemocráticos. Ademais, a Fiscalía abre dilixencias contra altos cargos de Augas de Galiza por autorizar verteduras da mina de San Finx; e a cidade deportiva que o Celta constrúe nos montes comunais de Mos esquiva unha rigorosa avaliación ambiental. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 14/07/23
    O cambio climático irrompe na campaña electoral e as formacións políticas destapan as súas propostas diante do reto da transición ecolóxica, no que aparece o debate eólico. Neste mesmo ámbito, as presións da patronal eólica, da Xunta (e agora tamén de CCOO) contra os xuices que anularon os parques eólicos de Campelo e Bustelo persisten, ata o punto que o propio TSXG e Xuíces pola Democracia tiveron que pedir respecto pola independencia xudicial. Desde ADEGA cualifícas a situación de vergoñenta e lamentable e anima ao pobo a seguir denunciando a invasión eólica inxusta e insustentábel a través da campaña "Ti podes paralos!". Isto e moito máis neste espazo de Radio Cerna!
    10 min
  • Botelín informativo ambiental 07/07/23
    A campaña de ADEGA contra a depredación eólica xa acada os 70.000 euros de recadacións solidarias para que a organización ecoloxista galega recorra nos tribunais máis de 30 macroproxectos eólicos autorizados en abril pola Xunta de Galiza e que exercen graves danos ambientais e sociais no territorio. Ante a caída continuada de proxectos eólicos a golpe de sentenza, o sector amosa o seu nervosismo e acusa ao TSXG de crear inseguridade xurídica. Tamén ADEGA xunto con Mariña Patrimonio descobren castros e mámoas sen inventariar na poligonal do P.E. do Picato en Lugo que nin Xunta nin empresa incluíron na avaliación ambiental do proxecto. Por outro lado, nesta semana aprobouse a nova lei de ordenación do litoral de Galiza e o Supremo desestimou os recursos de casación do Concello de Pontevedra e do EStado contra o fallo que aproba a permanencia de ENCE na ría de Pontevedra ata 2073. Coñece a actualidade ambiental e ecoloxista da última semana con Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 30/06/23
    A campaña de doazóns "Ti podes paralos!" contra a depredación eólica de Galiza segue evolucionando favorablemente e acadando varios dos obxectivos marcados. ADEGA suma esta semana 3 campañas máis de micromecenado para levar os macroproxectos eólicos especulativos autorizado pola Xunta aos tribunais. Namentres, a Xunta cambia de conselleiro de Industria, Greenalia intenta desacreditar ao TSXG, e a Ministra Ribera dá 6 meses máis de prórroga ás promotoras eólicas para obter as autorizacións de construción e actualiza o Plan Nacional de Enerxía e Clima. En Europa non chegan a acordo sobre a Lei de restauración da Natureza. Isto e moito máis en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 23/06/23
    A Xunta non gaña para sustos! Esta semana dúas novas sentenzas do TSXG declaran ilegal a política eólica do goberno galego. Un dos fallos anula o proxecto eólico Bustelo, o segundo de Greenalia, recorrido na xustiza por ADEGA. Outra das sentenzas paraliza cautelarmente o P.E. Lagoa II, de Zas e Santa Comba. A campaña "Ti podes paralos!" acada os 40.000 euros de achegas solidarias da cidadanía galega para conseguir anular ducias de complexos eólicos nos tribunais. Esta semana, ADEGA lanza tres novas campañas #TPP para presentar emprendar accións legais contra outros tres parques eólicos. Máis novas da semana se premes no audio!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 16/06/2023
    Recentes sentenzas do TSXG conseguen deter proxectos industriais con alto impacto sobre espazos de elevado valor natural, como o fallo que anula o parque eólico de Campelo ou a recente suspensión cautelar da autorización da mina de feldespato, en Muras, a carón do Xistral. A campaña #TiPodesParalos de ADEGA consegue os primeiros 30.000 euros de doazóns no seu primeiro mes de recadación solidaria para tombar nos tribunais ducias de macroproxectos eólicos que exercerán danos irreversíbeis no territorio e que non obedecen a un modelo enerxético xusto, sustentábel e ordenado. Por outra banda, as pasteiras de Portugal seguen apostando por Galiza para o incremento do seu negocio do eucalipto e a agricultura ecolóxica, sen axudas da administración. Todos os detalles, no programa de Radio Cerna de hoxe!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 02/06/2023
    Novo golpe xudicial contra a política eólica da Xunta! A asociación ecoloxista ADEGA consegue tumbar nos tribunais o Parque Eólico Campelo de Greenalia, nos concellos de Coristanco e Santa Comba. Unha sentenza que cae como auga de maio para todos aqueles recursos que se pretendan presentar contra os novos proxectos eólicos autorizados pola Xunta. O Tribunal considera que o Campelo é unha fragmentación dun macroproxecto eólico de maiores dimensións nos que estarían relacionados outros dous polígonos eólicos: Bustelo e Monte Toural, tamén de Greenalia. Paralelamente, ADEGA pon a andar varias campañas de recadación colectiva "Ti podes paralos!" para precisamente frear a actual invasión eólica do país nos tribunais.
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 12/05/2023
    Comezan a aparecer publicadas no DOG as primeiras resolucións das 75 autorizacións de proxectos eólicos, outorgadas o pasado mes de abril pola Xunta. Os parques eólico Rodicio II e Monte da Croa xa están en tempo de desconto para a presentación de recursos contra ditas autorizacións. ADEGA anuncia que nos próximos días iniciará unha campaña de recadación solidaria para poder afrontar os recursos xudiciais contra varios destes proxectos, que considera antiecolóxicos, especulativos e socialmente inxustos. No mar, o Tribunal Supremo admite o recursos dos mariñeiros contra os plans de ordenación dos espazos mariños do Estado, que son os que marcan onde colocar a eólica mariña. Mentres a ministra Ribera defende a compatibilidade dos eólicos mariños coa pesca, os demais grupos do Congreso retíranlle o apoio. Isto é só o comezo. Coñece máis novas da semana escoitando este programa de Radio Cerna.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.