Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Boletín informativo ambiental 05/04/24
    Altri segue no foco mediático cun proxecto de macrocelulosa con altos impactos ambientais, sociais e económicos para a comarca da Ulloa. Ademais, a campaña de doazóns Salva o Lérez. Stop A-57 recada xa máis do 60% dos fondos necesarios para levar un treito da autovía A-57 aos tribunais. A coordinadora eólica así non chama a participar na manifestación deste sábado 6 de abril en Burela por un modelo alternativo de desenvolvemento da eólica en Galiza. Todo isto e máis, en Radio Cerna. Escoita!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 24/03/24
    O proxecto de macrocelulosa de ALTRI na Ulloa é un "ataque ao corazón do interior de Galiza". Veciñanza e movemento ecoloxista opóñense a este modelo industrial insustentabe e chaman a presentar alegacións contra a factoría. Ademais, ADEGA e o colectivo Amil Sen Eólicos demandan ante o TSXG a paralización inmediata das obras do polígono eólico Acibal, un "espolio patrimonial". A campaña de doazóns Salva o Lérez. STOP A-75 acada na súa primeira semana o 30% dos fondos precisos para procurar frear nos tribunais o treito 2 da A-57 no rural pontevedrés. Esta semana celebrouse o Día Internacional dos Bosques e o Día Mundial da Auga. Falamos disto e de máis, no novo programa de Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 15/03/2024
    ADEGA lanza unha campaña para salvar o espazo de Rede Natura do Lérez da autovía A-57, que implicará a construción dun viaduto de 700 metros sobre este río. Ademais, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza paraliza cautelarmente ata 18 proxectos eólicos desde a sentenza do Supremo que restrinxía os argumentos polos que anular parques. Paira sobre a veciñanza a preocupación polo proxecto de macrocelulosa que prevé instalar ALTRI na Ulloa. Este foi o inverno en Galiza máis cálido dende que hai rexistros. Todas estas novas e outras, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 01/03/24
    ADEGA denuncia os impactos do proxecto de ALTRI na Ulloa sobre os recursos hídricos; e a Serra da Groba libra, polo momento, dos proxectos eólicos polas súas afectacións ambientais. Ademais, esta semana o Parlamento Europeo aprobou definitivamente a Lei de Restauración da Natureza, mentres que relaxa os requisitos ambientais para obter axudas da PAC no medio das protestas do campo. Todo isto e máis, neste novo programa de Radio Cerna. Escoita!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 16/02/24
    ADEGA querélase contra a ex Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galiza, Paula Uría, por condonar a Greenalia unha débeda millonaria coa facenda pública. Os pellets regresan á palestra a conta dun informe de Salvamento Marítimo que mostra que a Xunta só mobilizou o 40% dos medios que anunciou. O desxeo en Groenlandia está alterando as correntes oceánicas que rexen o clima en Europa, e xa mostran os seus primeiros signos de colapso. Todo isto e máis, en Radio Cerna. Escoita!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 09/02/24
    A Fiscalía investiga se o Goberno de Alfonso Rueda deixa en mans das eléctricas a redaccións dos informes claves para a autorización dos negocios eólicos. Ola de protestas na agricultura e na gandaría, a raíz das que a Comisión Europea está desmontando medidas clave para reducir a contaminación do agro. Novo golpe á Cidade Deportiva do Celta en Vigo polos seus impactos sobre os recursos hídricos. Isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 02/02/24
    ADEGA lanza #EuQueroProxectoRíos, a campaña de recollida de sinaturas pola continuidade do emblemático Proxecto Ríos, o programa de voluntariado ambiental en ríos ao que a Xunta de Galiza vén de retirar o seu apoio. Ademais, a coordinadora Eólica Así Non propón ás forzas políticas candidatas a gobernar a Xunta un decálogo para un modelo enerxético alternativo. E ás portas das novas eleccións, Medio Ambiente subvenciona o sector da caza con 30.000 euros. A Fiscalía abre expediente contra Sogarisa e a Xunta polos reiterados episodios de contaminación no polígono das Somozas. Novo récord histórico de calor en Europa: 38,8ºC. Todo isto e máis, en Radio Cerna! Escoita!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 26/01/24
    A Xunta de Galiza retira o seu apoio ao emblemático Proxecto Ríos e abandona definitivamente o voluntariado galego en plena crise ambiental. Ao tempo, a cidadanía galega sae á rúa para reivindicar uns mares sen plástico ante o desastre ambiental dos pellets. A empresa propietaria da mina de San Finx está imputada por delitos contra o medio ambiente; e o persoal traballador denuncia o estado de abandono da planta de residuos de Lousame. Ti Podes Paralos! supera os 190.000 euros recadados, o que permitirá a ADEGA recorrer unha trintena de proxectos eólicos nos tribunais. Isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 19/01/24
    O ecoloxismo chama á mobilización social este domingo, 20 de xaneiro, en Compostela en defensa do mar e contra a incompetencia dos gobernos da Xunta e o Estado na xestión da marea de pellets que asola as costas galegas. Tamén esta semana sóubose que o proxecto de celulosa Altri na Ulloa ocultou información sobre o impacto da súa factoría na Rede Natura e sobre endemismos en perigo de extinción. O ano 2023 foi o máis cálido en Galiza en seis décadas; e varias plataformas denuncian os nesgos na aprobación de cinco proxectos eólicos por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica. Estas e outras noticias, en Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 01/12/2023
    Novas mobilizacións de Eólica Así Non polo Día das Montañas fronte a gobernos e especuladores. O TSXG paraliza cautelarmente o parque eólico Campo das Rosas en terras da Rapa das Bestas. Nace tamén a plataforma Galiza sen gas, da que forma parte ADEGA, para acelerar o abandono dos combustibles fósiles. O futuro climático debátese en Dubái, na COP28, mentres que organizacións ecoloxistas reclaman o dereito dos pobos a vivir nunha contorna digna e sa. Outes será o primeiro concello en recoñecer os dereitos dun río. Isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.