Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Boletín informativo ambiental 11/10/24
    A Xunta de Galiza inicia unha campaña para silenciar milleiros de persoas e colectivos opostos a Altri, e o presidente Rueda procura desacreditar as alegacións ao proxecto dicindo que a maioría son copias. A Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, co apoio doutras asociacións e colectivos galegos, convocan unha nova gran mobilización contra Altri o 15 de decembro. Unha investigación da USC demostra a presenza no territorio que pretende ocupar o complexo industrial de 4 especies botánicas ameazadas. En materia eólica, o TSXG tomba de forma cautelar o macroproxecto eólico de Vila de Cruces a instancias de ADEGA. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 04/10/2024
    O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anuncia a creación dunha comercializadora eléctrica, que a oposición cualifica como puro márketing. Altri recoñece que a macrocelulosa no Ulla non ten encaixe en ningún dos Proxectos Estratéxicos de Recuperación e Transformación Económica (Perte) lanzados polo Goberno do Estado. O eucalipto aumentou un 48% nas Fragas do Eume despois de ser declaradas Parque Natural. Máis de 800 persoas voluntarias ao longo de toda Galiza recolleron este pasado domingo case 8 toneladas de lixo no marco da Limpeza Simultánea de Ríos. Todo isto e máis, en Radio Cerna! Dálle ao play!
    11 min
  • Boletín informativa ambiental 27/09/24
    Sogarisa e Sogama sitúan Galiza no mapa dos vertedoiros de refugallos perigosos. O eucalipto ocupa o 14% do territorio total en Galiza, e case un 30% da súa extensión forestal. A Unión Europea sucumbe ás presións do sector da caza e gandeiro e rebaixa a protección do lobo. ADEGA e Proxecto Ríos poñen a punto a Limpeza Simultánea de Ríos 2024 en toda a xeografía galega para este domingo, 24 de setembro. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 20/09/24
    Graves incendios forestais en Portugal. Os negocios turísticos móstranse preocupados pola macrocelulosa de Altri. O TSXG paraliza cautelarmente 59 proxectos eólicos en 71 concellos; e a organización ecoloxista ADEGA pon a disposición un modelo de alegación a outro proxecto eólico fotovoltaico na Ribeira Sacra. En materia de mobilidade, as cidades galegas viven o inicio dun cambio de modelo, con menos coches e máis bicis e VMP. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 13/09/2024
    O Consello da Cultura Galega asegura que a macrocelulosa de Altri xeraría unha grave fractura no territorio. Dous proxectos de centrais de bombeo pretenden instalarse no río Xallas cun brutal impacto paisaxístico e ambiental. A Condeferación Hidrográfica Miño-Sil abre expediente sancionador á cidade deportiva do Celta por vertedura de augas residuais. A organización ecoloxista ADEGA consegue o freo cautelar do proxecto eólico Neboada, no Courel e na Ribeira Sacra. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 06/09/2024
    Novos incendios forestais en Crecente e na Baixa Limia. Xa en vigor a primeira lei europea que obriga os Estados a restaurar a natureza e non só protexela. O Goberno do Estado autoriza dous proxectos eólicos nas comarcas do Eume, A Mariña e Ortegal. A Coruña lidera as emisións galegas de gases de efecto invernadoiro. Todo isto e máis, en Radio Cerna! Escoita canda nós as novas medioambientais máis importantes da semana!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 09/08/24
    Xa son 52 os proxectos eólicos paralizados cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza polos seus posibles danos sobre o medio ambiente. Entre eles, a instancias de ADEGA, o alto tribunal freou o proxecto eólico Xesteirón, Valdepereira e Xeada nos últimos días. No cerne destes logros está a campaña de recadación #TiPodesParalos. Noutra orde de cousas, a Xunta avala as medidas propostas por Altri para paliar o seu impacto paisaxístico. E para rematar, unha boa nova: Ames, modelo europeo de loita contra o lume polas súas accións de prevención de incendios. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 02/08/2024
    O Tribunal Constitucional non admite o recurso do Estado contra a prórroga de Ence en Pontevedra. A ola de calor provoca 33 falecementos da última semana de xuño. A campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos precisa axuda para recorrer nos tribunais un proxecto eólico en Lugo e Castroverde. Aparecen pequenas bólas de chapapote en diferentes praias galegas, sobre todo no litoral da Mariña Lucense. Isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 19/07/2024
    O Tribunal de Xustiza da Unión Europea emite unha resolución en materia de emisións industriais que podería ter efecto sobre a instalación de Altri. ADEGA consegue a paralización cautelar do proxecto eólico Serra do Furco nos Ancares. No mar, o Tribunal Supremo rexeita o recurso do sector pesqueiro contra os plans do Estado para a eólica mariña. A veciñanza de Lugo está en pé de guerra contra o proxecto de instalación dunha planta de biometano no monte veciñal de Coeses. Isto e máis, en Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 05/07/24
    Rueda nega unha reunión á veciñanza da Ulloa sobre a macrocelulosa de Altri e volve cargar contra as persoas manifestantes. No medio do debate polos impactos de Altri, Ence emite un comunicado coas supostas vantaxes ambientais da planta de reciclado de fibras téxtiles que quere implantar nas Pontes. Ence, Altri... e polo medio, unha Galiza que concentra máis da metade do eucalipto do Estado, segundo un estudo da USC e UVigo. Ademais, a Eira da Xoana de ADEGA, Mariña Patrimonio e a Irmandade Santo Estevo acadan os 6.000 euros necesarios para preservar e protexer a parcela histórica de Santo Estevo de Ermo na Mariña. Isto e máis, en Radio Cerna!
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.