Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Boletín informativo ambiental 21/03/2025
    Altri si. A Xunta de Galiza declara compatible co medio ambiente a macrocelulosa de Altri e Greenalia en Palas de Rei. Faino ás portas da gran mobilización contra este proxecto e a mina de Touro-O Pino na Pobra do Caramiñal. Entidades ecoloxistas presentan a Declaración "Por unha Lei de Montes Veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorías sociais". E ademais, O Tribunal Supremo vén de inadmitir os recursos presentados pola Xunta de Galiza e as empresas promotoras contra a paralización cautelar dos proxectos eólicos de Rodeira, Pico Seco e Troitomil. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 14/03/2025
    O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza tomba a privatización por parte da Xunta dos procedementos de avaliación ambiental. Máis de 500 barcos de pesca e mexilloeiros percorrerán a Ría de Arousa contra Altri e a Mina de Touro o próximo sábado, 22 de marzo. Os trámites da concesión de augas para as centrais de bombeo na Ruña, en Mazaricos, tamén terían caducado, ao igual que os de Altri. O xacemento arqueolóxico da Roda de Barreiros, na Mariña, atópase nun estado de abandono que ameaza a súa conservación. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 07/03/2025
    ADEGA demanda a Xunta pola desprotección da área afectada pola celulosa de Altri na Infraestrutura Verde de Galiza. E mentres, a Xunta continúa coa súa manobra para eludir centos de alegacións cun requirimento masivo a máis de 800 persoas para que demostren a súa condición de interesadas no expediente do proxecto. Por mar e por terra. A plataforma en Defensa da Ría de Arousa anuncia unha gran mobilización contra Altri e contra a Mina de Touro-O Pino. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 27/02/2024
    A Xunta de Galiza reduce a protección ambiental dos terreos da Ulloa onde Altri quere instalar a súa celulosa. O presidente da Xunta evita dar explicacións e remítese de novo ao traballo do persoal técnico na declaración de impacto ambiental da planta. Veciñanza de Bembrive e Mós presentan 25.000 alegacións contra unha autovía que arrasará o seu pulmón verde. Isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 21/02/2025
    A Xunta manobra para ampliar a balsa de lodos vermellos de Alcoa a pesar dos riscos medioambientais. Denegada a autorización ambiental ao proxecto da planta de biometano en Coeses, en Lugo. Entregan centos de alegacións contra a instalación dun vertedoiro a ceo aberto en Val do Dubra. O TSXG paraliza cautelarmente un proxecto eólico que ameazaba as bestas de Sabucedo. Isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Radio Cerna 14/02/2025
    A solicitude de concesión de augas de Altri tería que desestimarse por vencer o prazo legal para resolver. O proxecto estivo no centro dunha nova disputa esta semana no Parlamento de Galiza entre Rueda e Pontón. A empresa, pola súa banda, confirma que tramita co Ministerio de Industria unha axuda directa de 250 millóns de euros. En materia eólica, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza frea cautelarmente o proxecto eólico Zamorra, en Agolada, a instancias de ADEGA. A Confraría de Noia anuncia unha querela contra Naturgy pola morte do marisco. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 07/01/2025
    O xornal La Voz de Galicia revela que o informe preceptivo de Augas de Galiza sobre a fábrica de Altri en Palas de Rei é favorable. 300 persoas implicadas, máis de 15.000 paus de batea recollidos e tan só 3 días de traballo: este é o balance final do Tarugotón, a primeira recollida simultánea de paus de batea en Galiza. ADEGA Vigo - O Morrazo vén de presentar alegacións fronte ao proxecto da autovía A-52. Galiza será a comunidade do Estado que máis terá que asumir na sanción imposta pola Unión Europea ao Estado español por non cumprir cos obxectivos de reciclaxe. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 31/01/2025
    O actual proxecto mineiro de Touro, un risco para o ambiente e para a saúde aínda maior que o que implicaba o de 2017. Tamén en materia mineira, ADEGA denuncia á Xunta e ao Concello de Foz polas irregularidades na tramitación dunha canteira de caolín. O goberno galego comeza a tramitación dun novo plan eólico, sen que organizacións ecoloxistas e asociacións veciñais poidan participar nos órganos de decisión. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 24/01/2025
    Noruega denega o permiso ambiental a unha celulosa coma a de Altri. Este domingo 26 de xaneiro, hai unha nova cita nas rúas coa defensa do medio ambiente e contra a invasión eólica. Tamén en materia eólica, ADEGA lanza unha campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos! para frear nos tribunais o proxecto eólico Patiñeiro, en Vimianzo. Desplome do marisco na ría de arousa, unha das principais zonas de cría do mundo. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 17/01/2025
    Nova cita nas rúas galegas: o próximo domingo, 26 de xaneiro, a Coordinadora Eólica Así Non fai un chamado ao pobo galego a mobilizarse en diferentes puntos da xeografía galega contra a invasión eólica. Alerta no agro galego polas plantas de biometano que están a promover as empresas enerxéticas. A Xunta apraza a súa decisión sobre o proxecto de macrocelulosa de Altri. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.