Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Boletín informativo ambiental 10/10/2025
    Lumes técnicos en Rede Natura, a proposta da Xunta para previr incendios forestais. ADEGA organiza as primeiras xornadas de voluntariado para a restauración ambiental de zonas queimadas da comarca de Valdeorras. As plataformas Ulloa Viva e En Defensa da Ría de Arousa anuncian unha nova manifestación nacional contra o proxecto de macrocelulosa de Altri en Palas de Rei, que se celebrará o domingo 14 de decembro en Compostela. ADEGA-A Coruña presentou alegacións ao proxecto de urbanización no Monte Mero, promovido polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, por considerar que carece da transparencia e participación necesarias e que pode ter un impacto negativo sobre o medio ambiente e a veciñanza. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 03/10/2025
    Comeza a batalla xudicial fronte a Altri: ADEGA, a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e a CIG presentan recursos xudiciais contra o procedemento de concesión de augas solicitado pola multinacional. Bombeiros Forestais do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios da Galiza alertan das “moi malas previsións” de risco de lumes para os vindeiros veráns na faixa atlántica do país. Unha información de Praza.gal libera os datos de incendios ocultados pola Xunta: entre o 1 e o 18 de agosto, houbo un total de 447 incendios forestais, a meirande parte deles entre A Coruña e Pontevedra; e os máis destrutivos en Ourense. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 26/09/2025
    Novo revés para Altri: o Goberno do Estado négalle a conexión á rede que a pasteira precisa para desenvolver a súa actividade na Ulloa. O Partido Popular galego veta unha investigación política da vaga de incendios. Enxeñeiros forestais da Xunta reclaman ao Goberno galego que prorrogue de maneira indefinida a moratoria ás novas plantacións de eucalipto. Máis de 800 persoas participaron este pasado domingo na XVIII Limpeza Simultánea de Ríos organizada por ADEGA a través do seu Proxecto Ríos. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 18/09/2015
    A vaga de incendios do pasado agosto deixou a maior pegada da historia sobre a Rede galega de espazos protexidos: arrasou preto de 38.000 hectáreas en Rede Natura, que supón o seu 11%. ADEGA anuncia que solicitará ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que impida o cambio de usos nos terreos queimados ameazados por proxectos eólicos. E nas rúas, milleiros de persoas acudiron á chamada da Plataforma por un monte galego con futuro este pasado domingo en Compostela. E esta fin de semana, Galiza volverá mollarse polos ríos. A través do Proxecto Ríos, ADEGA impulsa a XVIII Limpeza Simultánea, que mobilizará case 70 entidades en 51 concellos de todo o país. Un informe alemán estima que a seca do pasado verán supuxo xa unhas perdas de 850 millóns de euros en Galiza. Isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 12/09/2025
    ADEGA reúnese coa Xunta para instala a actuar xa na prevención da erosión e recuperación ecolóxica das zonas ardidas e, en especial, dos espazos protexidos. A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, relaciona os lobos cos incendios forestais. O sector apícola, un dos máis castigados polos incendios. E nas rúas, Compostela acollerá este domingo unha gran manifestación contra a xestión forestal da Xunta de Galiza. Un estudo internacional sobre clima asegura que o cambio climático fixo 40 veces máis probables e un 30% máis intensas as condicións que alimentaron os incendios na península. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 05/09/2025
    A Xunta de Galiza notifica un total de 111.000 hectáreas as arrasadas polo lume no que vai de ano. Falamos de macroincendios alimentados pola acumulación de combustible vexetal en montes abandonados, pola falta de ordenación forestal e polas condicións derivadas do cambio climático. A resposta política da Xunta de Galiza a esta crise está a ser amplamente criticada, tanto pola oposición parlamentaria como nas propias rúas, onde hai convocada unha nova mobilización para o próximo 14 de setembro. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 08/08/2025
    Galiza loita contra a primeira vaga de incendios forestais do verán. A sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea sobre os proxectos eólicos non repercutirá na maioría das paralizacións cautelares de parques acadadas pola cidadanía. A Xunta concede a autorización ambiental integrada á planta de fibra branqueada que Ence proxecta construír nas Pontes. Impulsa Galicia, a sociedade público-privada promovida pola Xunta e impulsora de proxectos como o de Altri, anuncia a súa disolución. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 18/07/2025
    Unha sentenza histórica do TSXG condena a Xunta e o Estado por vulnerar dereitos fundamentais ao permitir a contaminación do encoro das Conchas, no río Limia. Conclúe a misión científica do buque francés LAtalante, que identificou máis de 3.500 bidóns radioactivos afundidos fronte á costa galega. Confi xa non está. O arroaz solitario que durante cinco anos frecuentou as augas galegas, especialmente nas rías de Muros-Noia e máis recentemente na de Ferrol, desapareceu, e todo apunta a que faleceu tras sufrir un accidente mortal. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 11/07/2025
    Medra a polémica arredor da opacidade da Xunta no proceso que abriu as portas de Galiza á empresa portuguesa Altri. Tamén hai novidades respecto do outro gran proxecto que centra, canda Altri, a protesta social en Galiza: a mina de Touro-O Pino. Ecoloxistas en Acción vén de presentar no xulgado un informe que acredita a situación de quebra da promotora, Cobre San Rafael. Ademais, ADEGA pon a disposición da cidadanía modelos de resposta para os requirimentos que está mandando a Xunta a numerosas persoas alegantes do proxecto. Igualmente, ADEGA mostra o seu rexeitamento frontal á proposta do Concello de Poio para o espazo natural da Illa de Tambo, que pretende urbanizala e podería convertela nun parque temático. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 04/07/25
    Unha expedición científica francesa vén de localizar arredor de 1.800 bidóns con residuos radioactivos no fondo mariño do Atlántico, a 650 km da costa galega. Comeza a tempada de alto risco de incendios forestais con menos persoal dispoñible para extinción, nun contexto no que se prevé un verán máis cálido do normal. Ao tempo, Bruxelas suaviza a súa política climática e abre a porta a compensar emisións fóra da Unión Europea. Un novo gromo de botulismo volve afectar á lagoa da Congorza, en Cangas, e causa a morte de varias aves. E rematamos en Lugo, onde ADEGA lanza unha campaña na defensa dos ríos fronte á urbanización. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.