Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Boletín informativo ambiental 27/06/2025
    Altri desiste das axudas do Perte para a descarbonización. Máis de 850.000 persoas en Galiza estiveron expostas a niveis de contaminación do aire que superan os límites legais da UE para 2030. Os sobreirais do Arnego custodiados por ADEGA son obxecto de estudo por parte da Universidade de Vigo. Recta final da campaña de recadación solidaria para protexer o lobo. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 20/06/2025
    A Comisión Europea declara como “proxecto estratéxico” a mina de litio de Doade, en Beariz, e pon así en marcha unha carreira por acaparar materias primas críticas, pero sen garantir unha planificación axeitada, segundo denuncia ADEGA. Ademais, a Xunta vén de dar luz verde á nova planta de fibras de ENCE nas Pontes cunha Declaración de Impacto Ambiental favorable. Doutro lado, ADEGA lanza unha nova campaña solidaria dentro da iniciativa #TiPodesParalos para frear o parque eólico Pena do Pico, proxectado nos concellos lucenses de Baralla e Becerreá. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 13/06/2025
    O TSXG paraliza cautelarmente a orde que permite cazar lobos en Galiza. ADEGA presenta ao Estado argumentos sólidos e baseados na ciencia para manter esta especie como estritamente protexida na Directiva Hábitats da UE. E seguimos nos tribunais: a Xustiza europea avala o veto á pesca de fondo en 87 zonas sensibles do Atlántico nordeste. Unha vertedura de xurros arrasa o río Landro. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 06/06/2025
    A asociación ecoloxista ADEGA fai 50 anos de historia e festéxao cun gran festival en Lugo este sábado 7 de xuño. Ao tempo, abre novas vías de loita contra a celulosa de Altri: presenta na Xunta de Galiza máis de 1.400 solicitudes para reclamar o arquivo inmediato do expediente de tramitación da concesión de augas; e esixe á Xunta que anule a DIA da macrocelulosa por incumprir, a sabendas, unha sentenza do Tribunal de Xustiza da UE. E as rúas volven falar: multitudinaria manifestación en Pontevedra contra o modelo industrial que representan Ence e Altri este pasado domingo, 1 de xuño. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 23/05/2025
    ADEGA e PDRA dan inicio á contenda xudicial contra o proxecto de instalación da macrocelulosa de Altri na Ulloa. E esta semana, coincidindo coa celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000 e do Día Internacional da Diversidade Biolóxica, diversos colectivos ecoloxistas galegos reclaman a ampliación desta rede de espazos naturais protexidos en Galiza. Ao tempo, a Xunta de Galiza vén de declarar a utilidade pública do parque eólico de Castro Valente, malia estar suspendido cautelarmente polo TSXG. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 16/05/25
    A directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta dimite despois de asinar o polémico informe que avalaba o proxecto de Altri en Palas de Rei. Mentres, a multinacional portuguesa reforza a súa presenza en Galiza e pecha a compra de Greenalia Forest e Greenalia Logistics. O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza decretou a suspensión cautelar do parque eólico de Seselle, en Oza-Cesuras, por risco de dano a valores ambientais sensibles. Isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 09/05/2025
    O 90% dos informes que sustentan a declaración ambiental positiva da macrocelulosa de Altri na Ulloa foron asinados por cargos de libre designación da Xunta. A empresa recoñece, ademais, que non pagará polos 381 predios que pretende atravesar cunha condución de auga. O PP veta que a Lei da minaría dea cabida á participación social, e co seu voto impide que o Parlamento se posicione sobre a mina de Doade. Nace o Fondo para a Protección do Lobo Ibérico, unha iniciativa apoiada por máis de 25 entidades do Estado e de Portugal que busca defender esta especie fronte á súa polémica desprotección legal. Isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 25/04/2025
    O Goberno español deixa finalmente fóra do Perte de descarbonización a multinacional portuguesa Altri, que se enfronta a unha das maiores contestacións sociais en defensa do medio ambiente das últimas décadas en Galiza. Para mostra, o éxito das campañas de micromecenado para financiar a loita xudicial contra o proxecto. Organizacións ecoloxistas e sindicais demandan, ademais, unha moratoria indefinida para as novas plantacións de eucalipto. ADEGA-Lugo denuncia que as inundacións provocadas polas pasadas choivas torrenciais son consecuencia directa dun modelo urbanístico que ignora os ríos e impermeabiliza a cidade. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 11/05/2025
    Xustiza para o Ulla reúne máis de 35.000 euros en pouco máis de 10 días para a defensa xurídica do Ulla fronte á macrocelulosa de Altri e a mina de Touro. En canto a esta última, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantén a súa reapertura como proxecto industrial estratéxico malia pedir cárcere a Fiscalía para os responsables da antiga explotación. As emisións industriais de gases de efecto invernadoiro caeron un 24% en Galiza durante 2024. A crise dos 'pellets' impulsa a Unión Europea a aprobar novas regras para reducir os vertidos. Isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 28/03/2025
    Masiva protesta contra Altri e a mina de Touro-O Pino na Pobra do Caramiñal, por mar e por terra. Unha mobilización histórica que, de novo, Rueda e o PP galego minimizan. A mina de litio de Doade, en Beariz, a piques de saír a exposición pública tras ser seleccionada por Bruxelas como proxecto estratéxico para Europa. Veciñanza da Baixa Limia demanda á Xunta pola contaminación do encoro das Conchas. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    10 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.