A maioría das especies forestais están afectadas en Galiza por pragas. A máis plantada, o eucalipto, tamén está a ser atacada polo gorgullo ou goniptero que, segundo varias fontes consultadas, podería afectar a máis da metade dos eucaliptais galegos. Ecoloxistas, propietarios e sindicatos opinan sobre esta problemática.